A DESIGUALDADE FISCAL XENERA IGUALDADE REAL E A IGUALDADE FISCAL XENERA DESIGUALDADE DIXO ABRAIRA
Para o BNG a conxelación, proposta polo PSOE, e as propostas cosméticas do PP supoñen moi pouco na economía de veciños e veciñas de Lugo, son as propostas do BNG ás que serven para crear maior igualdade social
A rebaixa no sistema ORA forma parte do programa de goberno do BNG. O PP nunca, ata agora, o defendeu e saben moi ben que non se pode aplicar ata que non se resolva o conflicto legal que existe sobre a adxudicación da ORA
Lugo, 4 de novembro 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, explicou hoxe a posición que defendeu onte o BNG no pleno da corparación en relación ás taxas municipais. Abraira insistiu en que é necesario que se establezan os impostos en función da renda das persoas para que pague máis que máis ten. Abraira aclarou tamén que o BNG xa levaba no seu programa electoral reducións no sistema hora e engadiu que non podiamos aprobar unha iniciativa global do PP na que se incluían propostas impositivas que so beneficiaban aos que máis teñen e perxuizo dos que menos teñen.
Abraira criticou a incapacidade co PSOE á fronte do goberno municipal e a doble vara de medir do PP que pide en Lugo o que non fai onde goberna. Ademais a voceira nacionalista sinalou que dende o PP xustifican un orzamento da Xunta que significa o abandono deste concello e da provincia, o abandono do HULA e dos serivzos en educación, sociais e sanitarios. O PP pretende parecer, pero non da cambiado a imaxe que ten a día de hoxe entre os cidadáns, imaxe que tamén ten o partido socialista engadiu Paz Abraira.
Para Paz Abraira no debate sobre taxas e impostos do concello, nin PP nin PSOE, queren falar de rebaixas reais naqueles aspectos que de verdade lles afectan aos veciños e veciñas de Lugo e anunciou que o BNG non vai cambiar a súa liña argumental xa que é o motor e razón de ser dunha organización coma o BNG que sempre pon por diante os intereses das galegas e galegos.
A desigualdade fiscal xenera igualdade real e a igualdade fiscal xenera desigualdade
Darlle o mesmo trato fiscal a todas as persoas non xenera igualdade e incrementa as desigualdades. Abraira explicou que hai persoas que poden e deben pagar máis impostos para que aqueles menos recursos teñen poidan pagar menos. Esta política fiscal e impositiva non o aplican, nin a queren aplicar, o PSOE nin PP. Debe haber un trato fiscal diferente entre os cidadáns, aínda que debe haber un trato igualitario para todos os ciadadáns dixo Paz Abraira por que con esto conseguiremos xenerar igualdade e non xenerar máis igualdade xa que non se pode deixar abandanodas ás persoas que lles custa, cada vez máis, chegar a fin de mes.
Rebaixa no IBI
A voceira do BNG explicou, en relación á proposta do PP que rebaixar o IBI por igual é favorecer a quen máis ten e a quen máis vivendas acumula e engadiu que a quen ten unha única vivenda a quen máis o beneficia é a proposta do BNG. A fiscalidade non pode ser igual para todos os cidadáns por que quen cobra 3, 4 ou 5 veces o IPREM non pode ter a mesma fiscalidade que quen xa non ten ingresos. Esa desigualdade xenerará igualdade á hora de acceder aos servizos públicos. As propostas impositivas do PP que nos queren vender como o gran proxecto de políticia fiscal para o concello que o que fai eé agravar a situación dos que menos teñen afirmou Abraira.
Nin conxelación nin propostas cosméticas
O BNG vai manter as propostas que leva anos defendendo, non valen propostas enganosas que so enmascaran unha maior diferencia entre as clases sociais. O BNG non se vai sumar á cósmetica comunicativas que poden ter moito eco social pero que, na práctica, representan moi pouca axuda para as persoas qeu padecen unha situación lamentable que os leva aos servizos sociais para reclamar todos os meses axudas por que non se lles recoñecen os seus dereitos.
O PP fai política cosmética para enmascarar o que en realidade hai detrás das súas propostas que son cargas impositivas e fiscais cada día máis elevada para quen menos ten. Subida de impostos indirectos como o IVE, tramos do IRPF no que quen paga máis é quen menos ingresa. Como aquí non gobernan pretenden un lavado de cara con propostas que non convencen a ninguén.
Dixemos no salón de plenos que ao BNG non lle vale a conxelación de taxas e impostos, e non nos valen as excusas dun PSOE que se escuda nas imposibilidades técnico-administrativas para aplicar desgravacións para as familias que carecen de recursos afirmou Paz Abraira. PP e PSOE votaron en contra das propostas do BNG nas que se pedían exencións e bonificacións nas taxas municipais para as familias e persoas que menos recursos teñen
Rebaixas no sistema ORA
Paz Abraira explicou que dixemos tamén que había propostas do PP coas que podiamos estar dacordo por exemplo a rebaixa na ORA forma parte do programa electoral de goberno do BNG. O PP nunca, ata agora, defendeu esta proposta e deféndena agora por que saben moi ben que non se pode aplicar ata que non se resolva o conflicto legal que existe sobre a adxudicación da ORA. Trátase, sen dúbida, dnha proposta absolutamente demagóxica .
Convidados de pedra
A edil nacionalista sinalou que, no pleno de onte, non había nin unha soa proposta do goberno municipal, e levamos moitos plenos así. Para boa parte dos concelleiros e concelleiras ten que ser un aburrimento estar alí aguantando 4 horas de pleno cando non teñen nada que dicir e están alí como convidados de pedra dixo Paz Abaira que sinalou que o goberno municipal non ten alternativas nin propostas. Ademais Abraira recriminou a actitude de algún concelleiro indicando que aínda por riba, permítense o luxo de intentar enmerdar as propostas que outras organizacións políticas fan e que, por certo, son propostas veciñais.