O BNG PIDE A PARALIZACIÓN DO PROCESO DE ADXUDICACIÓN DA XESTIÓN DOS MUSEOS MUNICIPAIS
En vista dos erros que conten o prego de condicións e da existencia dun recurso presentado contra o propio procedemento creemos que o goberno municipal debería paralizar este proceso para inicialo de novo dixo Cristina Ferreiro
Dende o BNG solicitarase que se estude a posibilidade de recuperar a xestión pública deste servizo municipal
Lugo, 22 de novembro 2014. A edil do BNG no concello de Lugo, Cristina Ferreiro, pediu a paralización do proceso de adxudicación da xestión das salas museísticas municipais e da oficina de información turística. Ferreiro afirmou que en vista da cantidade de erros que contén o propio prego de condicións consideramos que o mellor para que o procedemento sexa limpo e transparente é a anulación do proceso. O contrato de xestión afectaría ao Centro de Interpretación da Muralla e oficina municipal de información turística, á Casa dos Mosaicos, ao MIHL, ao Centro Arqueolóxico de San Roque e á sala Porta Miñá
Ademais, dende o BNG, sinalouse que sobre este procedemento xa está presentado un recurso especial en materia de contratación debido ao tipo de titulacións que se requiren nos pregos. A edil nacionalista lembrou que o procedemento de contratación queda paralizado ata a resolución deste recurso no órgano competente en Madrid.
Ferreiro explicou que o persoal que traballe nos museos ten que ter a formación axeitada para comunicar a historia e os valores historico-artísticos de Lugo e a súa contorna para incrementar a atración turística á cidade. Tal e como están elaborados os pregos de condicións para a concesión esto non queda cuberto xa que ao persoal esíxeselle unha cualificación mínima para abrir portas, encender luces e cubrir estatísticas.
Cristina Ferreiro afirmou que este proceso ten que paralizarse e iniciarse de novo para garantir a súa legalidade dende o BNG solicitarase que se estude a posibilidade de recuperar a xestión pública deste servizo municipal que a día de hoxe se atopa en mans da empresa SERMASA, unha das empresas filiais do grupo VENDEX.
Ademais do que atinxe á xestión das salas museísticas municipais, para o BNG, hai que concretar un modelo turístico para Lugo xa que segundo explicou a edil do BNG os museos municipais son grandes descoñecidos para os lucenses e compre, tamén, que os luecenses os coñezan para podelos poñer en valor ante quenes nos visitan.
Menos días de apertura
A redación do prego de clausulas tamén introduce unha redución no número de días que estarán abertos as salas museísticas municipais. Co actúal prego de condicións a apertura das salas museísticas quedaría reducida aos xoves, venres e fins de semana. Non se contempla tampouco a apertura para visitas organizadas de grupos nin de centros escolares. evidentemente esto supón unha limitación que non se corresponde co esforzo inversor que os lucenses fixemos para contar con esta rede museísitica municipal afirmou Cristina Ferreiro