Digna Lagarón “O goberno municipal está traizoando á veciñanza, defender os servizos sanitarios é a obriga dunha Alcaldía”

A concelleira do BNG en Castro de Rei lamenta o rexeitamento da proposta do BNG para reprobar ao conselleiro de sanidade polos recortes dos servizos sanitarios no concello

O BNG en Castro de Rei seguirá a traballar pola recuperación dos servizos sanitarios

Digna Lagarón “O goberno municipal está traizoando á veciñanza, defender os servizos sanitarios é a obriga dunha Alcaldía”

Castro de Rei, 20 de xaneiro de 2023.- O Bloque Nacionalista Galego presentou hoxe no pleno a solicitude de reprobación pública do conselleiro de sanidade, Julio García Comesaña, debido á denigración dos servizos sanitarios de atención primaria do concello.

Nesta proposta, na que tamén se esixe que a Xunta de Galiza, competente en sanidade en Galiza, derive as medidas necesarias de forma urxente para dotar ao consultorio de Castro de Rei como o centro de saúde de Castro Ribeiras de Lea, dos recursos tanto materiais como humanos para ofrecer un servizo pleno. Cuxo resultado foi o rexeitamento polo goberno municipal do PP.

Digna Lagarón, concelleira do BNG en Castro de Rei, declarou “o goberno municipal está traizoando á veciñanza de Castro de Rei por puro partidismo e non por velar os dereitos da veciñanza”

 

Neste senso, a concelleira destacou que o goberno municipal do Partido Popular non fixo nada para esixir que se cumpriran as ratios e servizos sanitarios do concello “temos un alcalde que está encallado en defender os intereses do seu partido, non fixo prosperar unha xuntanza co conselleiro para tratar este problema e tampouco esixiu ao Goberno galego a que tomara medidas, cando a obriga dunha alcalde é defender á veciñanza” sinalou a concelleira.

 

De igual xeito, Digna Lagarón subliñou quen debía render explicacións á veciñanza e de forma urxente tiña que ser o conselleiro Julio García Comesaña, que é o máximo responsábel, mais o parapeto do PP co alcalde de cómplice, fai que manteñamos un servizo insuficiente, esa é a motivación desta proposta, xa que as veciñas e veciños non teñen por que soportar isto máis”

 

Por outra banda, a concelleira sinalou que o BNG continuará a traballar para esixir que se cumpran os servizos sanitarios en Castro de Rei “non imos dar un paso atrás na defensa da sanidade pública e o dereito da veciñanza á saúde”.

Digna Lagarón “O goberno municipal está traizoando á veciñanza, defender os servizos sanitarios é a obriga dunha Alcaldía”