A asemblea local do BNG elixe a María Xesús López (Chus) como candidata á alcaldía de Samos

IMG_4792
María Xesús López (Chus)

Chus López “É o momento de darlle un cambio á política deste concello con firmeza, e o BNG é a única forza capaz de facelo posíbel”

A candidata sinalou “estamos confeccionando unha candidatura baseada na experiencia, mais con novas incorporacións, para que desde o minuto un poñamos en marcha un proxecto sólido e riguroso para sacar o mellor de nós”

A asemblea local do BNG elixe a María Xesús López (Chus) como candidata á alcaldía de Samos

Samos, 20 de xaneiro de 2023.- A actual portavoz e concelleira do Bloque Nacionalista Galego en Samos, María Xesús López (Chus), foi eleixida por unanimidade pola asemblea local da organización como candidata para ás vindeiras eleccións municipais de maio.

Saímos a gañar para acadar un Samos mellor, nestes anos traballamos en positivo coa presentación de iniciativas para mellorar a calidade de vida da veciñanza de Samos, mais agora é o momento de continuar con ese traballo desde a Alcaldía e desenvolver un proxecto de futuro para Samos” declarou a candidata Chus López.

Neste sentido, a candidata destacou “estamos confeccionando unha candidatura baseada na experiencia, mais con novas incorporacións, para que desde o minuto un poñamos en marcha un proxecto sólido e riguroso para sacar o mellor de nós, de todo Samos, un proxecto que ilusione e afiance vida aquí”

Chus López afirmou “saímos para transformar e acadar o maior benestar á veciñanza de Samos, estamos convencidos de que é o momento de darlle un cambio á política deste concello con firmeza, e o BNG é a única forza capaz de facelo posíbel”

A asemblea local do BNG elixe a María Xesús López (Chus) como candidata á alcaldía de Samos