Ducias de nenas e nenos participan no concurso de disfraces infantil organizado pola área de Cultura

O xurado estivo formado por Lourdes Abuide, xornalista, Iago Eireos, artista gráfico e Cruz Lago, profesor da EASD Ramón Falcón

Ducias de nenas e nenos participan no concurso de disfraces infantil organizado pola área de Cultura

Lugo, 18 de febreiro de 2023. Un ano máis polo sábado de Entroido celebrouse o tradicional concurso de disfraces infantil organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. O bo tempo acompañou á tarde festiva e os concursantes despregaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosas veciñas e veciños.

A festa non faltou durante un desfile moi animado con celebradas coreografías que abrangueron desde o último tema de Bizarrap e Shakira ata a música dos 80. Os participantes fixeron gala de gran imaxinación con elaborados traballos como o equipo V, as Tartarugas Ninja ou a familia Bros. Nas personaxes nas que se inspiraron os nenos lucenses tivo un enorme peso a exploración espacial, con ata 3 disfraces distintos. O cine tamén foi fonte de inspiración e non faltou a familia Addams, a ourizo de Canta 2 ou os Dálmatas. Durante a deliberación do xurado, formado por Lourdes Abuide, xornalista, Iago Eireos, artista gráfico e Cruz Lago, profesor da EASD Ramón Falcón, a festa continuou cun desfile no que participaron todas as nenas e nenos que acudiron disfrazadas mais que non participaron no concurso.

 

O concurso comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron quince persoas. Nesta categoría establecéronse tres premios e os agraciados foron os seguintes:

  1. Bender, 11 anos cun premio por valor de 100€
  2. A palomiteira festeira, de 10 anos cun premio por valor de 80€
  3. Puchos Tolos, 5 anos, cun premio por valor de 50€

 

Na categoría de disfraces por parellas foron cinco as que decidiron presentarse, entre as que se repartiron os seguintes premios: 

  1. Mércores e a súa cousa (Ariadna e Naiara Fernández, de 10 e 6 anos) cun premio por valor de 150€
  2. A Música dos 80 (Bruno e Xoel Otero, 8 e 5 anos) cun premio por valor de 120€ 
  3. Ensalada (5 e 6 anos) cun premio por valor de 90€


O desfile rematou co paseo das nove comparsas que se presentaron. Ducias de nenos e nenas participaron nesta categoría que resultou por momentos moi espectacular debido aos elaborados e orixinais traxes deseñados, así como polas animadas coreografías.

Os premios repartíronse do seguinte xeito: 

  1. As variñas Tolas, con 9 compoñentes a partir de 4 anos, cun premio por valor de 240€
  2. Space Cookies, con 5 compoñentes entre 4 e 7 anos, cun premio por valor de 180€
  3. Cuesta abajo y sin frenos, con 12 compoñentes a partir de 3 anosm cun premio por valor de 140€

Os premios consisten en dous vales, un que pode ser canxeado por libros ou material escolar e outro para canxear en actividades culturais e de lecer.

Listado completo dos participantes no Gran Concurso de Disfraces Infantil

Individual

  • A Peliqueira Lixeira
  • Hai unha galega na Lúa
  • Familia Bros.
  • Ash, a ourizo de Canta 2
  • O pequeno apagalumes
  • Eco-Robots
  • O Pirata
  • Adestrador Pokémon
  • Puchos Tolos
  • Bender
  • A Palomiteira Festeira
  • Poppy Play Time
  • Billy Saw
  • Galicia
  • Tartaruga Ninja

 

Parellas

  • A música dos 80
  • Mércores e a súa cousa
  • As guacamaias Pichi e Perla
  • Fantasía Animal
  • Ensalada

 

Comparsas

  • Space Cookies
  • Nasa Star
  • As variñas tolas
  • Equipo V
  • 53 Dálmatas
  • Shakira: BZRP Music Sessions, Vol 53
  • Rescatando ao rescate
  • Galácticos futuristas
  • Costa abaixo e sen freos
Ducias de nenas e nenos participan no concurso de disfraces infantil organizado pola área de Cultura