Cristina López e Javi Muñoz inauguron o torneo de futbolín “Maestros del Norte”, no que participan 600 xogadores e xogadoras de todo o Estado

Cristina López e Javi Muñoz inauguron o torneo de futbolín “Maestros del Norte”, no que participan 600 xogadores e xogadoras de todo o Estado
Lugo, 18 de febreiro de 2023.-  Unha partida na que participaron a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza de Lugo, Cristina López, e o segundo adestrador do CB Breogán, Javi Muñoz, inauguraron de forma simbólica o torneo de futbolín “Maestros del Norte”, que se celebra durante a fin de semana no soto da Praza de Abastos.

A Asociación Tsunmi Futbolín e a Asociación Lucense de Futbolín organizan o evento, que conta coa colaboración da área de Participación e da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que reúne en Lugo 600 xogadores e xogadoras de todo o Estado, das categorías Pro, Master e Avanzado.
Cristina López deu a benvida ás persoas participantes e agradeceu á organización contar de novo coa cidade para organizar o torneo, sinalando a importancia destas iniciativas “para seguir dando a coñecer a cidade a xente de todo o Estado e para que, aproveitando esta ubicación, coñezan tamén os produtos locais”.

A competición, que continuará mañá,  estase a a retransmitir en directo (https://www.youtube.com/watch?v=QgmoffJbzeI)

Lugo xa acolleu o torneo o ano pasado. A edición deste ano suma 80 participantes máis que daquela.
Cristina López e Javi Muñoz inauguron o torneo de futbolín “Maestros del Norte”, no que participan 600 xogadores e xogadoras de todo o Estado