Entra en funcionamento a nova centraliña municipal a través do 010

Cristina López: “desde a área de Participación traballamos para garantir a mellor atención á veciñanza a través do 010”

A veciñanza pode solicitar cita previa para os distintos servizos a través da web municipal

Entra en funcionamento a nova centraliña municipal a través do 010

Lugo, 24 de marzo de 2022. A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, anunciou que vén de comezar a funcionar de novo o servizo de centraliña do concello a través do 010. Cristina López explicou que "rehabilitamos o servizo de atención telefónica á veciñanza, facilitando que a través dun único número de teléfono, quen o precise poida contactar cos distintos servizos municipais".

O servizo restableceuse durante esta mañá, tanto a través do teléfono 010 como do 982 297 350. Cristina López destacou que “seguimos traballando para ofrecer a mellor atención posíbel”, e destacou que “desde o cese do servizo por parte da empresa concesionaria, traballamos para recuperar a centraliña telefónica no menor tempo posíbel”.

O sistema de cita previa está dispoñible para os servizos de Augas, Cemiterio, Estatística, Información ao Consumidor, Rexistro, Tarxeta Cidadá e Tesourería. Para solicitar a cita, deberase iniciar o procedemento a través do formulario habilitado na web concellodelugo.gal, seleccionando o servizo ao que se dirixe e o tipo de trámite a realizar, e escoller a data e hora desexada para presentarse no Concello. Despois deberanse cubrir os datos persoais da solicitante, incluíndo un teléfono de contacto e un correo electrónico, medios aos que chegará unha mensaxe confirmando a reserva da cita.

A través do mesmo trámite da web do Concello, pode eliminarse unha cita solicitada previamente, liberando a hora para que outra persoa poida asistir a realizar un trámite nese momento.

Entra en funcionamento a nova centraliña municipal a través do 010