O 010 reforza a súa atención á veciñanza con 175 peticións vía WhatsApp e 26.400 chamadas no primeiro semestre do ano
As consultas máis habituais foron sobre incidencias en servizos municipais, xunto con peticións de información cultural e entradas para eventos
Cristina López destacou "a marabillosa colaboración cidadá", facendo fincapé na importancia de contar cunha veciñanza activa que se implica na mellora da cidade