Escolares de Lugo acordan con Alexandre Penas promover un novo parque e un servizo de protección animal
Estudantes de colexio Franciscanos coñeceron o Concello de Lugo da man do concelleiro de Infraestruturas
Alexandre Penas mostroulles o funcionamento do concello, e contestou ás preguntas da mocidade
20 mar. 2023 - 13:59
Lugo, 20 de marzo de 2023. O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, recibiu esta mañá no concello a un grupo de estudantes de 2º de Primaria do Colexio Franciscanos. Na visita, o concelleiro explicou o funcionamento da administración e o papel da veciñanza nela, e mostrou as distintas instalacións da Casa Consistorial, na praza Maior, como o salón de Plenos ou os conxuntos escultóricos adquiridos polo Concello e expostos permanentemente na sede municipal.
Temas como a mobilidade ou a programación cultural da cidade foron os protagonistas das dúbidas achegadas polas nenas e nenos que realizaron a visita esta mañá. Penas manifestou a súa satisfacción por recibir esta visita no concello, e animou aos centros educativos de Lugo a programar visitas ao Concello.
Unha vez situados no salón de plenos os estudantes organizáronse en diversos grupos e simularon un pequeno pleno onde acordaron a realización dun parque, a creación dun servizo de salvamento de animais, e a apertura dunha nova instalación municipal con biblioteca e jacuzzi.