Estudantes de 2º e 3º do CEIP Sagrado Corazón realizan unha campaña de promoción turística sobre Lugo
Felipe Rivas: “agradecemos a colaboración das nenas e nenos de Lugo”
As imaxes difundiranse nas redes sociais da área de Turismo
Lugo, 10 de xuño de 2020. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou de que nos vindeiros días, comezarán a publicarse nas redes de turismo do Concello de Lugo unha serie de debuxos realizados por estudantes de 2º e 3º do CEIP Sagrado Corazón para a promoción turística de Lugo. Felipe Rivas afirmou que “agradecemos os esforzo e a colaboración dos nenos e nenas de Lugo na promoción do noso concello, que demostra o grao de implicación que teñen as lucenses máis pequenas coa súa cidade”.
Felipe Rivas informou que “trátase dun total de 21 trípticos nos que cada participante destacou o que máis lle gusta de Lugo”. Segundo Felipe Rivas, “todas as nenas e nenos participantes coincidiron en destacar a Muralla Romana, e algúns a maiores quixeron lembrar as nosas festas, como o San Froilán, ou a gran variedade gastronómica de Lugo”.