Olalla Rodil “Os Ancares posúe unha potencialidade brutal para o sector agrogandeiro, só falta vontade política”
O BNG destaca o papel das explotacións en extensivo e o fomento da produción local como factores clave deste sector estratéxico
A candidata visitou a cooperativa A Carqueixa nos Ancares
Lugo, 12 de xuño de 2020.- A deputada e candidata, Olalla Rodil estivo hoxe nos Ancares, xunto con integrantes da organización na comarca, visitando as explotacións pertencentes a cooperativa A Carqueixa, o que destaca o seu papel como un motor económico sustentábel e integrador, onde a produción en extensivo e local son chave para este sector.
Desde o BNG cremos que é necesario desenvolver outra política agraria que fomente iniciativas de produción en extensivo, fomentando o uso da pradaría, incentivando o desenvolvemento de explotacións apegadas ao territorio e dinamizadores do rural, construíndo así un modelo sustentábel e de futuro.
Olalla Rodil “desde o BNG cremos que explotacións como as da Carqueixa son aquelas que son referentes para o asentamento poboacional e a maneira que se garantan prezos xustos, onde a través de novas formas de mercados como a comercialización directa por internet ou outras canles garantan a vida nestes enclaves”
Neste sentido a nacionalista resaltou as potencialidades do sector agrogandeiro galego “Os Ancares teñen explotacións gandeiras cunha calidade excepcional, hai que potencialo dándolle ferramentas” ao que sinalou “ dar servizos dignos como un acceso á internet, son xa fundamentais para o desenvolvemento económico”