O BLOQUE RESALTA A NECESIDADE DE REACTIVAR UN SECTOR ESENCIAL PARA A SOCIEDADE

Olalla Rodil “este 12X teremos un goberno comprometido coa Cultura deste país”

IMG_9626
Visita á libraría TRAMA de Lugo
Olalla Rodil xunto Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitaron a Libraría Trama na cidade de Lugo
Olalla Rodil “este 12X teremos un goberno comprometido coa Cultura deste país”

Lugo, 13 de xuño de 2020.- A candidata por Lugo de cara ás eleccións do 12X , Olalla Rodil xunto ao tenente-alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura de Lugo e vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro estiveron na Libraría Trama para conversar sobre o comercio local e o sector cultural e amosar as propostas do bloque neste sector.

Trasladaron o apoio do BNG ao libro e á cultura galega no que compartiron as medidas que a organización nacionalista ten para dinamizar o sector, como por exemplo, a creación dun bono cultural no que se incentive o consumo de libros e outros produtos culturais.

Olalla Rodil sinalou “a cultura representa o 2% do PIB galego, 1 euro invertido en cultura trasládase en 3 euros na economía” ao que resaltou “temos que posuír un sector cultural forte, declaralo como un ben de primeira necesidade, a cultura supón crear espírito crítico nesta sociedade”.

Por estes motivos, as nacionalistas resaltaron a necesidade de dotar de partidas orzamentarias suficientes como tamén que desde Agadic e o IGAPE se habiliten préstamos excepcionais e especiais para o sector.

“O Partido Popular leva unha década menosprezando á cultura deste país, recorte tras recorte, pero este 12 de xullo imos abrir un tempo novo no que a cultura estará tamén no centro das nosas políticas” declarou a candidata.

 

Comercio local

 

Do mesmo xeito, achegaron as medidas que o BNG propón aqueles autónomos do comercio, as que propoñen unha axuda directa de até 2000€ con cargo aos orzamentos da Xunta para afrontar unha previsible baixada dos ingresos por mor da crise da COVID-19.

Olalla Rodil “este 12X teremos un goberno comprometido coa Cultura deste país”