A exposición Outros mundos: visións do noso sistema solar estará en Lugo do 15 de decembro ao 12 de xaneiro
A exposición itinerante organizada por “La Caixa” situarase na Praza Maior
Felipe Rivas “esta exposición achegará á veciñanza a unha viaxe pola beleza e as paisaxes do Espazo"
Lugo, 03 de decembro de 2020. A exposición “Outros mundos: visións do noso sistema solar” de Michael Benson que organiza a “Fundación La Caixa ”, parará na Praza Maior do 15 de decembro ao 12 de xaneiro. O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, declarou que “esta exposición achegará á veciñanza a unha viaxe pola beleza e as paisaxes do Espazo, no que observaremos a súa maxestuosidade”
Esta exposición do fotógrafo estadounidense Michael Benson contará con corenta imaxes do Cosmos captadas polas sondas da NASA nas que podemos contemplar e explorar a beleza e a diversidade que constrúe o Sistema Solar.
Felipe Rivas sinalou a importancia deste conxunto artístico e afirmou que “esta colección fotográfica resulta un dos primeiros documentos no que se pode recoñecer visualmente o espazo tal como o coñecemos, o que fixo avanzar á ciencia como a propio mundo da fotografía”
Pode consultarse toda información desta exposición en:
https://fundaciónlacaixa.org/