ENTRE O 4 E O 29 DE SETEMBRO, DE 18 A 20 HORAS, PODERÁ XOGARSE XOGAR AO XADREZ NA PRAZA MAIOR DE BALDE

Felipe Rivas anuncia novas actividades de xadrez na rúa continuando coa programación anual de xadrez da concellería de Educación

IMG_0062 (1)

O Goberno de Lugo e a Asociación cultural Xaquedrum levan adiante esta proposta de promoción do xadrez nas rúas

Felipe Rivas anuncia novas actividades de xadrez na rúa continuando coa programación anual de xadrez da concellería de Educación

Lugo, 01 de setembro de 2023. O Goberno de Lugo xunto coa asociación cultural Xaquedrum organizan unha nova actividade de xadrez nas rúas para o mes de setembro. Felipe Rivas explicou que o Goberno de Lugo realiza estas actividades co obxectivo de "espertar a curiosidade  e o interese polo xadrez, achegando á toda a veciñanza as vantaxes que a súa práctica representa".

Entre os días 4 e 29 de setembro, de 18 a 20 horas, habilitaranse na praza Maior acollerá taboleiros de xadrez para que todas as persoas que o desexen poidan xogar ao xadrez, xunto con monitores de Xaquedrum que axudarán a aprender o xogo ás persoas que non saiban xogar.

Felipe Rivas destacou "o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación", e engadiu "a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade".

O Goberno de Lugo realizou ao longo do ano distintas actividades de xadrez, con torneos, actividades de promoción na rúa e actividades nas aulas para as e os estudantes.

Felipe Rivas anuncia novas actividades de xadrez na rúa continuando coa programación anual de xadrez da concellería de Educación