Felipe Rivas entrega os premios do concurso de disfraces de Samaín
Felipe Rivas: “quixemos colaborar cos comercios de Lugo na súa reactivación despois da crise sanitaria”
En total, a área de Cultura reparte 6.000€ en premios
Lugo, 04 de decembro de 2020. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, entregou aos gañadores do concurso de disfraces organizados co gallo do Samaín, “unha cita que permitíu á veciñanza coñecer as salas museísticas de Lugo” explicou Felipe Rivas.
A área de Cultura repartiu en total 6.000€ en vales que se entregaron ás gañadoras e gañadores do concurso de disfraces para que se invistan nos negocios gañadores do concurso de escaparates. “Con esta acción tentamos reactivar do comercio local despois da crise sanitaria”, declarou Felipe Rivas.
No concurso de disfraces, as persoas participantes debían fotografarse cos seus disfraces nalgunha das salas museísticas municipais, o Centro de Interpretación da Muralla, MIHL, a Sala de Exposicións Porta Miñá e o Centro Arqueolóxico de San Roque, ou no C.S. O Vello Cárcere e enviar ata un máximo de tres fotos. Os gañadores foron Daniel Revuelta, Pilar Cabello, Elliane Álvarez, Valeria Fernández, Chloe Álvarez, Paula López e Santiago Tarrío.