A concellería de Educación mellora as instalacións do PIT
O edil de Educación informou das melloras realizadas na instalación
Felipe Rivas “realizamos estes arranxos para pór fin a unha actuación pendente coas crianzas de Lugo”
Lugo, 04 de decembro de 2020. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, visitou o Parque Infantil de Tráfico, onde as nenas e nenos de Lugo poderán desfrutar dos novos arranxos realizados.
Esta intervención supuxo a mellora estrutural da pista, co arranxo dos muros perimetrais, nos que se estaban a producir desprendementos. Tamén se adecuou coa limpeza dos bordos, a eliminación da humidade e a mellora na viseira do túnel do garaxe. No tocante ao interior, realizouse unha limpeza e unha posta a punto ante desgaste producido.
"Dende a concellería de Educación promovemos esta actuación para mellorar a calidade da instalación, a cal conta con moita popularidade entre todas as nenas e nenos, sobre todo nas actividades que se desenvolven no verán” afirmou o edil Felipe Rivas.