Felipe Rivas presenta a nova programación de xadrez posta en marcha pola Concellería de Educación

Entre o 1 e o 30 de setembro a praza Maior acollerá actividades relacionadas co xadrez

Felipe Rivas: “retomamos en setembro as actividades abertas de xadrez que foron un éxito antes do verán”

Felipe Rivas presenta a nova programación de xadrez posta en marcha pola Concellería de Educación

Lugo, 26 de agosto de 2022. O Goberno de Lugo e a asociación cultural Xaquedrum continúan co ciclo de promoción do xadrez “Xadrez para todas”, con actividades abertas na praza Maior durante o mes de setembro. Estas actividades nacen co obxectivo de “espertar a curiosidade  e o interese polo xadrez, achegando ás familias sobre as vantaxes que a súa práctica representa sobre a dimensión educativa”, explicou Felipe Rivas.

A praza Maior acollerá actividades abertas relacionadas co xadrez durante o mes de setembro, de luns a venres, entre as 18 e as 20 horas. Instalarase un xadrez xigante, ademais de varios xadreces convencionais, permitindo achegarse a xogar ao xadrez a toda a veciñanza que o desexe. Para estas actividades non será preciso inscribirse previamente. O concelleiro de Educación destacou que “con esta actividade retomamos as accións que xa puxemos en marcha antes do verán en distintas zonas da cidade, que foron un éxito de participación”.

Felipe Rivas destacou “o grande interese que está a achegar o xadrez na poboación”, e engadiu “a práctica do xadrez supón un magnífico instrumento para adquirir unha maior axilidade mental e unha serie de habilidades sociais tales como a capacidade de concentración e de síntese, ademais de mellorar a memoria, o cálculo, a toma de decisións ou a creatividade”.

Felipe Rivas presenta a nova programación de xadrez posta en marcha pola Concellería de Educación