FELIPE RIVAS: "AS AXUDAS CONTRIBUIRÁN A GARANTIR QUE MOITAS NENAS E NENOS TEÑAN ACCESO AO MATERIAL NECESARIO"
Felipe Rivas: "O vindeiro xoves comezará a entrega dos vales de axuda para libros de texto e material escolar"
Felipe Rivas: "as axudas contribuirán a garantir que moitas nenas e nenos teñan acceso ao material necesario"
As concellería de educación entregará os vales ás familias ata o 20 de setembro
Lugo, 05 de setembro de 2023. O Concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, anunciou que o vindeiro xoves 7 as familias poderán reitrar os vales das axudas para a compra de libros de texto e material escolar para familias con baixos recursos. "Continuamos co noso obxectivo de ter listo este procedemento co inicio do curso escolar escolar", declarou Felipe Rivas, que engadiu "desde a concellería de Educación esforzámonos en facilitar ás familias, no menor prazo de tempo posíbel, esta axuda que serve para garantir o acceso ao material a moitas nenas e nenos".
A concellería de Educación entregará 400 cheques de 100€, ata completar un total de 40.000€ adicados a esta liña de axudas. O criterio único de baremación para a concesión da axuda é a renda per cápita anual da unidade familiar quedando este ano establecido o tope no 85% do IPREM. En total, a concellería de Educación atendeu a 723 solicitudes para estas axudas.
As listaxes definitivas poden consultarse no taboleiro de anuncios do concello e na web municipal, e o prazo de recollida de vales estará aberto entre o 7 e o 20 de setembro, nas oficinas de Educación no Centro Uxío Novoneyra.