FERREIRO: "ESTES ESPAZOS ENCHERÁN A MOSQUEIRA E CONTARÁN COA PARTICIPACIÓN DE ARTISTAS LUCENSES XUNTO CON ARTISTAS PROCEDENTES DO RESTO DO ESTADO E DE FORA"

Maite Ferreiro confirma a volta do Electronic Lucus Fest, Sanfroidance e do Espazo Hip Hop para o San Froilán

IMG_0002 (2)

A cuarta edición do Electronic Lucus Fest terá lugar na noite do 4 de outubro, o XVIII Sanfroidance o día 6 e, o Espazo Hip Hop, o 11

Maite Ferreiro confirma a volta do Electronic Lucus Fest, Sanfroidance e do Espazo Hip Hop para o San Froilán

Lugo, 05 de setembro de 2023. Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron as tres primeiras actividades do programa do San Froilán 2023. Trátase do Electronic Lucus Fest, que este ano celebra a súa cuarta edición, o XVIII Sanfroidance, e o Espazo Hip Hop, tres eventos que, segundo a concelleira de Cultura, "contan cunha gran aceptación entre a veciñanza, e que un ano máis volven ter un espazo destacado no programa do San Froilán".

Os tres eventos terán lugar na praza da Mosqueira, "un espazo que xa está consolidado como un dos principais escenarios culturais da cidade, e que é un dos maiores referentes para as e os creadores lucenses, que ano a ano acolle actividades como o Muralleando e sendo un dos principais escenarios do San Froilán".

A noite do 4 de outubro, a partir das 21:30, o cuarto Electronic Lucus Fest encherá a Mosqueira coa actuación de diversos DJ, entre os que se atopan os lucenses Frisco e Marcos Peón, que comparten cartel con Yaser, Hugo Leivas e Juan Chousa.

O Sanfroidance celebrará a súa 18ª edición na noite do 6 de outubro. A partir das 19 horas. O festival de música electrónica contará este ano coas actuacións de High Paw (Galiza), Juli Giuliani (Cataluña), Tor4 vs Fishman (Brasil – Galiza) e Victor Santana (Madrid)

A partir das 17:00 do 11 de outubro, a Mosqueira acollerá o Espazo Hip Hop, un evento  evento que busca difundir o talento lucense e galego apostando polos distintos artistas locais. Na Galiza contamos co maior talento en producción deste xénero a nivel nacional, e somos referencia neste eido a nivel internacional. Con esta proposta apóstase por un espectáculo que combine distintas disciplinas, creando un espectáculo único.

Ao longo da xornada, contarase coas actuacións de Denom, Samuel Slzr, Eivy J e Zaidbreak, que compartirán escenarios cos artistas locais Diego, Xosé Maceda e Ünder.

Ademais, volverá ter lugar a batalla de galos, onde 16 artistas competirán poñendo a proba a súa capacidade de improvisación guiados só por unha base instrumental aleatoria.

O Sanfroidance contará tamén con caricaturas, mostras de baile a cargo da escola lucense Star Dance e mostras de grafitti a cargo dos lucenses Trecetrazos.

Maite Ferreiro confirma a volta do Electronic Lucus Fest, Sanfroidance e do Espazo Hip Hop para o San Froilán