AO LONGO DAS FESTAS, O PUNTO DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DA PRAZA MAIOR CONTARÁN CON CASCOS ANTIRRUÍDO DURANTE AS FESTAS, PARA GARANTIR O DESFRUTE DAS FESTAS POR PARTE DAS NENAS E NENOS CON TEA OU TCS
Ferreiro anticipa o San Froilán "máis social", con dúas xornadas sen ruído no recinto feiral
Ao longo das festas, o punto de información turística da praza Maior contarán con cascos antirruído durante as festas, para garantir o desfrute das festas por parte das nenas e nenos con TEA ou TCS
O recinto feiral contará con cabinas de lactancia e cambiadores de cueiros, e as persoas con mobilidade reducida contarán con espazos reservados nos concertos e nas principais actividades do programa das festas
Lugo, 01 de outubro de 2024. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que este San Froilán será a edición "máis social da gran festa do outono galego". Ferreiro destacou que a área de Cultura habilitará puntos violeta con especialistas en materia de igualdade traballarán en informar, concienciar e dar pautas para evitar situacións de acoso e violencia machista, e proporcionarán apoio, refuxio e asesoramento no caso de que acontezan, e destacou o esforzo da área de Cultura en facilitar que todas as persoas poidan desfrutar das festas.
O recinto feiral contará con dúas xornadas sen ruído, o martes 1 e mércores 2 de outubro entre as 17 e as 18 horas. Ademais, o punto de información turística da praza maior funcionará como posto antirruido, en colaboración coa asociación Raiolas Lugo, onde se entregarán cascos de protección para que nenos e nenas con TEA e TCS poidan desfrutar das festas.
Ferreiro anunciou que as persoas con mobilidade reducida contarán con espazos reservados nos concertos e nas principais actividades das festas, como o pregón ou o desfile do traxe tradicional, garantindo a visibilidade e a accesibilidade aos distintos espazos, e lembrou que o recinto feiral contará con casetas de lactancia e cambiadores de cueiros.