EXHÍBENSE 40 ÓLEOS SOBRE LENZO E 15 DEBUXOS A LÁPIZ A TRAVÉS DOS QUE O AUTOR ACHEGA O SEU PASADO, PRESENTE E FUTURO

Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a nova exposición de Luis Miranda

Exhíbense 40 óleos sobre lenzo e 15 debuxos a lápiz a través dos que o autor achega o seu pasado, presente e futuro

A mostra estará dispoñible no espazo das celas dos homes dende hoxe ata o 30 de novembro

Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a nova exposición de Luis Miranda


 

 

Lugo, 30 de setembro de 2024. A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, vén de presentar unha nova exposición que ocupará a espazo correspondente ás celas dos homes no Vello Cárcere. 'A arte oculta' de Luís Miranda amosará, dende o 30 de setembro ata o 30 de novembro, unha selección de 40 óleos sobre lenzo e 15 debuxos a lapis a través dos que o autor achega o seu pasado, presente e futuro á linguaxe da pintura.

Maite Ferreiro destacou a importancia da pintura como "medio de comunicación cun mesmo e con todo o que nos rodea", un concepto moi importante que o propio Luis Miranda emprega na súa obra para que sexa atractiva e atraente para quen a mira.

A concelleira de Cultura fixo fincapé nas características propias dunha obra que "non pretende unha comunicación directa co público, xa que a experiencia vital de cada persoa condiciona o seu modo de entender o mundo" e a mensaxe artística que Miranda manda non ten por que corresponder co que capta o receptor.

Esa linguaxe aberta e esa ambigüidade, explica Ferreiro, "é o que máis atrae da arte, reflectidas a través de luces, sombras e cores; un traballo que Luís Miranda realiza á perfección".

 
Maite Ferreiro inaugura no Vello Cárcere a nova exposición de Luis Miranda