RUBÉN ARROXO LEMBROU QUE PROXIMAMENTE SE RENVOVARÁ O ASFALTO DA AVENIDA DA CORUÑA NO TREITO ENTRE AS RÚAS PERPETUO SOCORRO E ILLAS CÍES

Comeza a renovación do asfalto da rúa Otero Pedrayo, na unión coa avenida da Coruña


Rubén Arroxo lembrou que proximamente se renvovará o asfalto da avenida da Coruña no treito entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes

Arroxo: "Seguimos atendendo ás reclamacións veciñais para garantir o bo estado dos viais públicos"

Comeza a renovación do asfalto da rúa Otero Pedrayo, na unión coa avenida da Coruña



Lugo, 30 de setembro de 2024. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de Infraestruturas Alexandre Penas, achegáronse ata a rúa Otero Pedrayo, onde o Goberno de Lugo está a renovar o asfalto da interesección desta rúa coa avenida da Coruña. Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa para "atender ás solicitudes da veciñanza e mellorando as vías de toda a cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas". Arroxo destacou que o Goberno de Lugo continúa a atender á veciñanza da avenida da Coruña e lembrou que proximamente se renovará o asfalto do treito entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes

A solución executada consiste na creación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovarase a sinalización horizontal.

Desede a Tenencia de Alcaldía anímase á veciñanza de Lugo a facer chegar as súas solicitudes ao Concello. Rubén Arroxo destacou que esta información, "xunto coas visitas que realizamos periodicamente aos barrios, permítennos planificar mellor as prioridades e o traballo a realizar".

 

Comeza a renovación do asfalto da rúa Otero Pedrayo, na unión coa avenida da Coruña