FERREIRO ANUNCIOU UN NOVO CONCERTO PARA O MÉRCORES 09 DE OUTUBRO NA PRAZA DE SANTA MARÍA A PARTIR DAS 21 HORAS

Fetén Fetén chega ao San Froilán para presentar o seu novo proxecto, "Miña terra no corazón"

Ferreiro anunciou un novo concerto para o mércores 09 de outubro na praza de Santa María a partir das 21 horas

Fetén Fetén chega ao San Froilán para presentar o seu novo proxecto, "Miña terra no corazón"





Lugo, 11 de setembro de 2024. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou a Fetén Fetén para o San Froilán 2024. Cun concerto que terá lugar o vindeiro mércores 09 de outubro na praza de Santa María, o proxecto de Jorge Arribas e Diego Galaz presentará en Lugo o seu novo proxecto, "Miña terra no corazón", co que levan un ano de xira por todo o estado.

Maite Ferreiro afirmou que "levamos anunciados xa 9 concertos nun San Froilán que terá preto dun cento de actividades musicais, con grupos locais, animación de rúa e distintas actividades para toda a veciñanza". Ferreiro asegurou que "a gran festa do outono galego volverá destacar este ano pola importante presenza da música, tanto nos escenarios principais - con grupos de calidade de Lugo e de fóra - coma nas prazas e rúas da cidade".

Fetén Fetén é a linguaxe da alma feito armonía. Os seus primeiros compases escoitanse no 2009  nacendo da necesidade destes músicos burgaleses de poñer banda sonora as súas influenzas e recordos.
 
A música desta orixinal formación é unha lectura contemporánea da música tradicional e da música popular de baile, xéneros que os inspiran e que homenaxean utilizando a imaxinación e a creatividade coma bandeiras. Dous namorados dos instrumentos diferentes, xa que, ademáis de os máis convencionais, no seu directo podemos escoitar o serrucho, o violín trompeta, a frauta cadeira de "camping" ou o recolleval.
As súas composicións guíannos, a ritmos de baile por fox-trot, vals, chotis, "seguidillas" ou habaneras, mecéndonos cos seus acordes pola Península Ibérica e facéndonos voar de Italia ao Xapón ou da Arxentina a Portugal.
Estas melodías instrumentais para escoitar e bailar en directo percorren as nosas raíces e incorporan matices renovadores que evocan ás distintas paisaxes do mundo que os artistas coñeceron nas súas intensas xiras internacionais e que xa levaron por toda a xeografía do estdo español nos máis de 1.000 concertos realizados.

Desde que comezara a súa andadura no 2009, o dúo autoproduciuse con micromecenazgo os álbumes   "Fetén Fetén" (2011) e "Bailables" (2014).
No 2016 chegaría "Cantables", un disco no que incorporan letras e voces as súas composicións musicais con artistas da talla de Fito Cabrales, Jorge Drexler, Julieta Venegas ou Natalia Lafourcade, entre outros.
No 2018 publican "Melodías de Ultramar", autoprodución na que nos propoñen acompañalos nas viaxes que realizaron polos mares e océanos que unen cada un dos lugares visitados por esta orixinal formación, e nos que se nutriron de diferentes ritmos e estilos musicais, reinventando a maneira de entender a música popular por parte destes dous orixinais artistas.

En septiembre do 2021, xunto ao compositor e produtor Sebastian Schon editaron "Cantables II" no que de novo suman letras e cantantes as súas melodías en 16 cancións interpretadas por artistas como Coque Malla, Bunbury, El Kanka, Depedro o la M.O.D.A.

Este outubro chegan a Lugo para presentarnos "Miña terra no corazón" o seu novo proxecto co que levan un ano xirando polas prazas máis importantes do estado.

Fetén Fetén chega ao San Froilán para presentar o seu novo proxecto, "Miña terra no corazón"