FOMENTO “CUMPRE COA LEXISLACIÓN E ELABORA UNHA GUÍA” PARA ABRASAR AS ESTRADAS CON PRODUTOS QUÍMICOS

FOMENTO “CUMPRE COA LEXISLACIÓN E ELABORA UNHA GUÍA” PARA ABRASAR AS ESTRADAS CON PRODUTOS QUÍMICOS

O Goberno do Estado contestou ás preguntas formuladas polo BNG sobre a aplicación de herbicidas nas estradas de Lugo

Gran parte das vías lucenses foron tratadas con herbicidas químicos durante a primavera

Lugo, 6 de setembro de 2013. O Ministerio de Fomento, en resposta a preguntas presentadas polo BNG no congreso dos deputados, dice que “da cumprimento á normativa” no momento de aplicar herbicidas nas estradas. Ademais ampárase en que “se está elaborando unha guía na que se regulan as condicións de aplicación”. Para o BNG esta resposa resulta insuficiente xa que “é de esperar que o Ministerio cumpra coa normativa” mais “non é de recibo aplicar un tratamento tan agresivo como o que se fixo nas estradas de acceso a Lugo”.

A deputada do BNG Rosana Pérez presentara, o pasado mes de maio, no congreso dos deputados unha serie de preguntas relativas á utilización xeralizada de herbicidas por parte do Ministerio de Fomento como método de eleminación da vexetación nas beiras das estradas de titularidade estatal. O BNG demandaba do Ministerio de Fomento, naquel momento, información sobre os criterios utilizados á hora da aplicación de herbicidas nos diferentes tramos das estradas e, tamén, pola posibilidade de utilizar medios mecánicos para a eliminación da vexetación espontánea.

Durante a pasada primavera as estradas de acceso a Lugo foron “abrasadas” con herbicidas químicos e a concelleira nacionalista, Paz Abraira, criticou esta actuación e manifestou a preocupación do BNG polas consecuencias destes tratamentos químicos. O BNG lembra que son moitos os colectivos ecoloxístas e organizacións agrarias que levan anos e anos denunciando estas prácticas. A utilización masiva de herbicidas ten gravísimos efectos sobre a saúde das persoas e tamén dos animais. Abraira lembrou a problemática existente no mundo da apicultura onde miles de abellas están morrendo pola contaminación provocada polos herbicidas.

Outro dos perigos destas aplicacións indiscriminadas de herbicidas son as filtración destas sustancias aos cauces de auga a través do arrastre polas augas pluviais que recollen as cunetas das estradas. A aplicación destes produtos provocan lóxica preocupación entre a poboación xa que moitas das estradas estatais onde se aplican atravesan zonas densamente poboadas e zonas do casco urbán dos concellos.

O control da vexetación con herbicidas incrementa, tamén, o perigo de incendios ademais de deteriorar considerablemente a imaxe da cidade en zonas cun importante valor paisaxístico e medioambiental.

FOMENTO “CUMPRE COA LEXISLACIÓN E ELABORA UNHA GUÍA” PARA ABRASAR AS ESTRADAS CON PRODUTOS QUÍMICOS