O Goberno de Lugo aproba a renovación da rúa Lamas de Prado

O Tenente Alcalde anunciou que a actuación terá un orzamento de 599.933€ e un prazo de execución de 4 meses

Rubén Arroxo: “Lamas de Prado é a conexión central dun dos barrios máis importantes da cidade, que conta con máis de 15.000 habitantes”

O Goberno de Lugo aproba a renovación da rúa Lamas de Prado

Lugo, 03 de novembro de 2021.  O Tenente Alcalde e concelleiro responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou a aprobación hoxe da contratación dos traballos de renovación da rúa Lamas de Prado, no Barrio da Milagrosa. “Realizaremos unha renovación integral que aumente a accesibilidade e que mellore a súa estética, mellorando a imaxe da cidade e do barrio”, explicou Rubén Arroxo

 

A Xunta de Goberno aprobou hoxe a realización das obras cun orzamento de 533.933€, e un prazo de execución de 4 meses a Construccións RAFER S.L.. Rubén Arroxo explicou que “Lamas de Prado é a conexión central de todo un barrio que conta con máis de 15.000 habitantes", e engadiu “actuarase tanto na renovación da parte visible da rúa, como a estrada e as beirarrúas, e nos servizos que están soterrados”.

O Goberno de Lugo aproba a renovación da rúa Lamas de Prado