O Goberno de Lugo colabora coa iniciativa Art For Dent, que recauda fondos para investigar a enfermidade de Dent
O concelleiro Alexandre Penas visitou o mural realizado na rúa San Roque
Alexandre Penas: “continuamos a mellorar a imaxe da cidade con intervencións artísticas, ao mesmo tempo que colaboramos cunha iniciativa solidaria”
Lugo, 27 de agosto de 2021. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou esta mañá a rúa San Roque onde se está a pintar un mural dentro da iniciativa Art For Dent, posta en marcha pola Asociación Galega da Enfermidade de Dent para dar visibilidade a esta doenza rara. “Continuamos a apoiar intervencións artísticas para mellorar a imaxe da cidade, neste caso colaborando cunha iniciativa solidaria para dar visibilidade a unha enfermidade rara”, explicou Alexandre Penas.
O proxecto naceu a comezos do ano 2020, e pretende abrir unha nova vía de colaboración e financiación desde Galiza para investigar a enfermidade de Dent.
A Asociación Galega da Enfermidade de Dent foi creada por 4 familias de Lugo, Muros, Brión e Pontevedra afectadas por esta enfermidade, que puxeron en marcha esta iniciativa para visibilizar a enfermidade.
A enfermidade de Dent é unha enfermidade rara de orixe xenética. Afecta ao túbulo renal, producindo distintas complicacións que poden chegar a afectar aos osos, podendo chegar a producir raquitismo entre outras enfermidades