O Goberno de Lugo continúa a mellorar o Camiño Primitivo na súa entrada a Lugo cun novo paso de peóns elevado na rúa San Eufrasio

Rubén Arroxo: "desde o comezo do mandato realizamos diversas melloras no Camiño no treito desde a Rolda Norte ata San Eufrasio"

 

O Goberno de Lugo planifica actuacións no resto do percorrido do Camiño Primitivo para completar a  renovación da entrada a Lugo

O Goberno de Lugo continúa a mellorar o Camiño Primitivo na súa entrada a Lugo cun novo paso de peóns elevado na rúa San Eufrasio

Lugo, 25 de xaneiro de 2022.  O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, visitou a rúa San Eufrasio onde vén de comezar a construcción dun novo paso de peóns elevado no percorrido do Camiño Primitivo. “Trátase do punto de chegada das e dos peregrinos a Lugo polo camiño primitivo, despois de pasar por Castelo e pola Chanca onde desde o comezo do mandato realizamos distintas intervencións para mellorar a entrada do Camiño Primitivo en Lugo”.

 

Rubén Arroxo afirmou que “con este novo paso de peóns elevado continuamos a mellorar a seguridade peonil na cidade, mellorando a seguridade neste cruce e avanzando na mellora integral da entrada a Lugo a través do Camiño Primitivo”.

 

O Tenente Alcalde anunciou que o Goberno de Lugo está a traballar na mellora da parte inferior do Carril das Flores, “o que nos permitirá rematar a renovación da entrada a Lugo polo Camiño Primitivo e garantir a mellor imaxe de Lugo á chegada das e dos peregrinos”.

O Goberno de Lugo continúa a mellorar o Camiño Primitivo na súa entrada a Lugo cun novo paso de peóns elevado na rúa San Eufrasio