O BNG realizou unha charla feminista sobre a diversidade sexual

Na palestra de hoxe participaron a secretaria confederal de mulleres da CIG, Nicolasa Castro e co responsábel do grupo de traballo LGBT do BNG, Neal Baxter

O BNG realizou unha charla feminista sobre a diversidade sexual

Lugo, 25 de xaneiro de 2022. O BNG continúa co ciclo de charlas feministas cunha nova sesión celebrada hoxe sobre a diversidade sexual, que tivo lugar no Centro Social Uxío Novoneyra.

A Vicepresidenta da Deputación e concelleira de Cultura en Lugo, Maite Ferreiro, foi a encargada de moderar o acto, que contou coa participación da secretaria confederal de mulleres da CIG, Nicolasa Castro, e co responsábel do grupo de traballo LGBT do BNG, Neal Baxter

Nicolasa Castro é profesora de lingua e literatura galega, nos últimos anos liberada na CIG Ensino e desde hai 5 anos formo parte da Executiva confederal da CIG. É responsábel da Secretaría das mulleres desde o último congreso da CIG en outubro de 2021.

Participa na Marcha Mundial das Mulleres en Ferrol e desde o inicio de galegas 8M colabora na organización do 8 M desde esta plataforma do feminismo galego.

Robert Neal Baxter (Shrewsbury, 1966) é lingüista e tradutor especializado nas linguas galega e bretoa. Doutorado en Tradución pola Universidade de Vigo no ano 2003, onde contiúa dando clases de interpretación.
Integrante do Consello Nacional do BNG, representando á comarca de Compostela. Actualmente, é responsábel do grupo de traballo LGBT do BNG.


Ata a data de hoxe os encontro feministas promovidos polo BNG e Galiza Nova foron os seguintes:

  • 7 de marzo de 2017 Por que é necesario o feminismo? Teresa González Piñeiroa e Olalla Rodil
  • 19 de abril de 2017 patriarcado e capitalismo con Mª Carme García Negro e Noa Presas
  •  27 de xuño de 2017 Presente e futuro das liberdades sexuais con Carlos Callón e Iria Carreira
  • 29 de setembro de 2017 ventres de alugueiro con María Reimóndez e Olalla Rodil
  • 20 de novembro de 2017 VIOLENCIA MACHISTA: antes e despois da denuncia no que participaron a xuiza Sandra Piñeiro e a traballadora social María Castro.
  • 13 de marzo de 2018 As mulleres no mundo laboral, Dalila Dopazo (xuíza), Marta R. Engroba (presidenta da asociación Si, hai saída), e Raquel Grandio (orientadora laboral de COGAMI).
  • 25 de setembro de 2018 Coñecendo a endometriose, Andrea López (representante de QUERENDO – Mulleres con endometriose), Chus Méndez (xinecóloga)
  • 24 de setembro de 2018 vixencia do pensamento de Simone de Beauvoir na súa obra pioneira: O Segundo Sexo, Pilar García Negro
    * 20 de febreiro de 2019 A cultura da Violación, Olalla Rodil e Iria Fernández (mestra).
  • 26 de novembro de 2019 Arte e feminismo, Luz Darriba (artista multidisciplinar) e Mónica Alonso (artista plástica)
  • 3 de marzo de 2020 Educación en igualdade, Mari Blanco (mestra) e Laura Pardeiro (psicóloga)
  • 8 de marzo de 2021 Traballos e coidado en tempos de pandemia, Cristina López (concelleira de Mercados en Lugo) e Ximena González (traballadora do SAF)
  • 8 de xuño de 2021  Atención ás víticmas no ámbito xudicial, Marta Abuín (Traballadora Social), Ana Jartín (psicóloga da oficina de atención ás Vítimas) e Marta Rivas (psicóloga do IMELGA)
  • 30 de novembro de 2021 Diversidade sexual con Laura Bugalho (activista e sindicalista) e Ánxela Montero (mestra de Educación Infantil)
O BNG realizou unha charla feminista sobre a diversidade sexual