O Goberno de Lugo renova o firme da rúa Armiño, no barrio da Piringalla

Os edís do BNG na intervención

Alexandre Penas: "trátase dunha solicitude das veciñas e veciños, que precisaba de mantemento debido ao avanzado estado de desgaste que presenta”

A concellería de Infraestruturas renovará a capa de rodadura con mestura bituminosa en quente

O Goberno de Lugo renova o firme da rúa Armiño, no barrio da Piringalla

Lugo, 26 de maio de 2021.  O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou a renovación do firme da rúa Armiño, no barrio da Piringalla. Penas explicou que “esta rúa atópase nun avanzado estado de deterioro debido a que a pavimentación actual ten xa moitos anos”.

A solución que aplicará a concellería de Infraestruturas consiste na aplicación dunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor, xunto co pintado de nova sinalización horizontal e a instalación de novos sinais verticais de indicación. Ademais, uniformizarase os treitos de beirarrúa próximos ás casas. Alexandre Penas explicou que  “esta solución asegurará un selado do firme ante a acción da auga, e unha prolongada duración do traballo realizado”

“Con esta intervención pretendemos solucionar desta maneira unha solicitude que a veciñanza da contorna nos fixo chegar, para mellorar a súa calidade de vida”, afirmou Alexandre Penas.

A concellería de Infraestruturas contratou esta actuación xunto xunto con varias renovacións de asfalto na zona norte da cidade. Alexandre Penas explicou que “un dos eixos do traballo que realizamos desde a concellería de Infraestruturas é atender aos distintos barrios para que todas as veciñas e veciños teñan acceso a instalacións públicas de calidade”.          

O Goberno de Lugo renova o firme da rúa Armiño, no barrio da Piringalla