Rubén Arroxo reuniuse coas direccións dos institutos da zona centro para explicar os cambios de tráfico

Rubén Arroxo: "o novo sistema de buses urbanos permitirá un mellor acceso aos centros de ensino”

O Tenente Alcalde falou de diversos asuntos que atinxen ao Concello e ás direccións dos centros

O día 1 de xuño entrará en funcionamento a nova ordenación da mobilidade na zona centro

Rubén Arroxo reuniuse coas direccións dos institutos da zona centro para explicar os cambios de tráfico

Lugo, 26 de maio de 2021.  O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, xunto co edil de Educación, Felipe Rivas, mantiveron unha xuntanza con representantes dos equipos de dirección dos centros de ensino públicos da zona centro da cidade para explicar as modificacións de tráfico que se aplicarán debido ao corte da Mosqueira. Rubén Arroxo explicou que “o novo modelo de mobilidade da zona centro da cidade, xunto co novo modelo de buses urbanos, permitirá un mellor acceso aos centros de ensino, ao mellorarse as conexións co resto de zonas da cidade”.

O Tenente Alcalde compartiu coas direccións, entre outros asuntos que atinxen ao Concello e aos centros de ensino, o novo modelo de mobilidade no que se está a traballar desde o goberno municipal, enfocado a unha cidade “máis amable coas persoas, e con menos coches nas rúas”, segundo declarou Rubén Arroxo. Segundo o edil nacionalista, “a partir do día 1, coa entrada en funcionamento das  novas liñas de transporte urbano e o corte da Mosqueira, Lugo dará un paso adiante no camiño para conseguir este obxectivo”.

O 1 de xuño entrarán en funcionamento, ademais das novas liñas, as máis de 20 pantallas instaladas en distintas paradas ao longo da cidade. Rubén Arroxo lembrou que “todas as persoas que proben o novo modelo de transporte urbano poderán facelo de xeito gratuíto o día 1”.

 

O novo proxecto de liñas de bus urbano está composto por catro grandes liñas que conectarán as zonas norte e sur de Lugo, e dúas máis que conectarán o leste co oeste da cidade. No eixo Norte-Sur da cidade, que inclúe a Avenida da Coruña, a Ronda da Muralla, a avenida Ramón Ferreiro e a Avenida de Madrid, onde se atopa a maior parte da poboación, terán un bus cunha frecuencia de 10 minutos.

Rubén Arroxo reuniuse coas direccións dos institutos da zona centro para explicar os cambios de tráfico