ARROXO ANUNCIOU “IMOS PEDIRLLE AO GOBERNO MUNICIPAL QUE LLE RECLAME Á EMPRESA ALCOR UN INFORME SOBRE O TEMPO QUE ESTÁ A TRABALLAR CADA TRABALLADOR E O NÚMERO DE HORAS EXTRAS QUE SE LLES RETRIBÚEN”

“O goberno ten que controlar se as empresas que traballan para o concello cumpre cos traballadores” dixo Arroxo

IMG_0735
Rubén Arroxo na concentración de traballadores de ALCOR diante do concello

Para o BNG – AA “o goberno municipal, ademais de anunciar cláusulas sociais nos contratos, ten que facer un seguimento do que sucede en realidade cos traballadores que prestan servizo nas instalacións municipais”

“O goberno ten que controlar se as empresas que traballan para o concello cumpre cos traballadores” dixo Arroxo

Lugo, 13 de outubro, 2016. O BNG - AA presentará unha pregunta formal, ao goberno municipal, para obter información sobre os horarios de traballo que están a prestar os vixiantes de seguridade contratados pola empresa ALCOR que traballan nas instalacións municipais. Rubén Arroxo dixo que “o BNG-AA velará para que se controle ás empresas concesionarias e que non violen os dereitos laborais” e engadiu que “o conflito laboral amosa que esta empresa non está a cumprir cos traballadores”.

“As mobilizacións de traballadores da empresa ALCOR demostra que existen irregularidades e esta empresa xa estivo baixo sospeita en diferentes ocasións polo incumprimento cos seus traballadores” afirmou o voceiro do BNG-AA no concello de Lugo. Para os nacionalistas “o goberno debería facer un especial control sobre este tipo de empresas que, a pesares de gañar os concursos públicos, teñen un amplo historial de incumprimentos cos dereitos laborais”.

Rubén Arroxo anunciou “imos pedirlle ao goberno municipal que lle reclame á empresa ALCOR un informe sobre o tempo que está a traballar cada traballador e o número de horas extras que se lles retribúen”. Para o BNG – AA “o goberno municipal, ademais de anunciar cláusulas sociais nos contratos, ten que facer un seguimento do que sucede en realidade cos traballadores que prestan servizo nas instalacións municipais”

“O goberno ten que controlar se as empresas que traballan para o concello cumpre cos traballadores” dixo Arroxo