O Grupo Municipal do BNG non apoia a modificación do PXOM “por coherencia, dado que non cambia o fondo do plan xeral de Lugo”

Rubén Arroxo: “é preciso traballar por un modelo de cidade máis sustentábel, acorde á realidade de Lugo”

O portavoz do BNG afirmou que “Lugo queda totalmente incomunicado despois do segundo derrubamento da A-6, ao non contarmos con conexións dignas nin por estrada nin por ferrocarril”

 

O Grupo Municipal do BNG non apoia a modificación do PXOM “por coherencia, dado que non cambia o fondo do plan xeral de Lugo”

Lugo, 17 de xuño 2022. As concelleiras e concelleiros do BNG votaron hoxe en contra da aprobación da modificación do PXOM presentada hoxe en pleno. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, explicou que "a militancia do BNG tomamos a decisión de manter neste pleno unha postura coherente co traballo feito realizado desde o minuto 1 da tramitación deste Plan Xeral".

Rubén Arroxo trasladou que o BNG valora positivamente parte das modificacións introducidas no proxecto que se votou hoxe, mais afirmou que “os cambios puntuais non cambian o conxunto do Plan Xeral, que desde o BNG seguimos calificando como alonxado da situación actual da cidade",  e engadiu “Lugo precisa un plan de ordenación municipal acorde á realidade da cidade, un exemplo é que o actual PXOM prevía un gran crecemento poboacional, cunha estimación de que Lugo contara con máis de 300.000 habitantes aos 10 anos, mais a realidade é que o crecemento poboacional foi de pouco máis de 2.000 veciñas e veciños nos 11 anos e medio que pasaron desde a súa aprobación inicial”.

Arroxo afirmou que "continuaremos a apostar por un modelo de cidade sustentábel, que vaia da man coa realidade do Concello, e que sexa verdadeiramente útil para as veciñas e veciños de Lugo".

Viaducto do Castro

O portavoz do BNG afirmou que “despois do segundo derrubamento do viaducto do Castro, no percorrido da A-6, certifícase que  Lugo queda totalmente incomunicado, ao non contarmos con infraestruturas que nos comuniquen co resto do estado nin por estrada nin por ferrocarril”.

Arroxo afirmou que “o Goberno do Estado ten que cambiar urxentemente o plantexamento e dar prioridade á recuperación desta infraestrutura”, e criticou que “se isto acontecera nunha estrada de Madrid ou Catalunya, o Goberno do estado estaría traballando desde o minuto 1, e xa teriamos prazos para poder recuperar esta infraestrutura”.

O Grupo Municipal do BNG non apoia a modificación do PXOM “por coherencia, dado que non cambia o fondo do plan xeral de Lugo”