FIXAR POBOACIÓN E INDUSTRIA NO RURAL E GARANTIR SERVIZOS PÚBLICOS COMO A SANIDADE, PRINCIPAIS ACCIÓNS DE TRABALLO DO BNG PARA O SUR DA PROVINCIA DE LUGO

Iago Suárez: "O BNG liderará unha oposición firme e constructiva, faremos propostas que melloren a vida das galegas e galegos"

As catro deputadas electas do BNG pola provincia de Lugo participaron nun almorzo informativo en Monforte de Lemos cos medios de comunicación

Fixar poboación e industria no rural e garantir servizos públicos como a sanidade, principais accións de traballo do BNG para o sur da provincia de Lugo

Iago Suárez: "O BNG liderará unha oposición firme e constructiva, faremos propostas que melloren a vida das galegas e galegos"

 

 

Lugo, 14 de marzo de 2024. As catro deputadas electas do BNG pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, Daniel Castro, Montserrat Valcárcel e Iago Suárez, participaron hoxe nun almorzo informativo cos medios de comunicación onde fixeron unha valoración dos resultados conseguidos polo BNG nas eleccións do 18 de febreiro, onde o BNG alcanzou un resultado histórico tanto a nivel galego como en Lugo. En toda Galiza, alcanzáronse preto de medio millón de votos, 155.000 máis que en 2020, colocando ao BNG cun grupo parlamentario de 25 integrantes, que ocupa un terzo do hemiciclo, mentres que tanto na provincia de Lugo como na cidade se conseguiu unha mellora notable. O BNG foi a segunda forza na práctica totalidade dos concellos do Sur de Lugo, "uns resultados que amosan un cambio de tendencia en Galiza", afirmou o deputado Iago Suárez.

Suárez afirmou que "desde o BNG lideraremos os vindeiros 4 anos unha opocición constructiva, facendo propostas en positivo que melloren a vida das galegas e galegos", e engadiu "ofreceremos un modelo mellor para as galegas e galegos ao modelo que está a executar o PP desde os últimos 15 anos". O deputado do BNG afirmou que para a o Sur de Lugo, as principais liñas de traballo do BNG basearanse en reclamar ao goberno "unha mellor sanidade pública e políticas que permitan fixar poboación e industria no rural", poñendo fin ao abandono da comarca.

Segundo o deputado do BNG, "queda claro que Galiza cambiou e que a única alternativa ao PP en Galiza é o Bloque Nacionalista Galego". "Traballaremos da man das nosas veciñas e veciños que ambicionan unha Galiza mellor, con mellores servizos públicos con máis oportunidades e máis dereitos, construiremos esta Galiza colectivamente ao longo destes catro anos", afirmou Iago Suárez.

Iago Suárez: "O BNG liderará unha oposición firme e constructiva, faremos propostas que melloren a vida das galegas e galegos"