RUBÉN ARROXO: "SEGUIMOS TRABALLANDO NA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DE LUGO, GARANTINDO UN ALUMEADO PÚBOLICO ÚTIL E EFICIENTE"

A Tenencia de Alcaldía continúa coa mellora da rede de alumeado público de Lugo con novas actuacións nas rúas Salvador de Madariaga e Pintor Corredoira

No ano 2023 instaláronse máis de 1291 novos puntos LED  nun total de 82 rúas

Rubén Arroxo: "Seguimos traballando na mellora da eficiencia enerxética de Lugo, garantindo un alumeado púbolico útil e eficiente"

 

A Tenencia de Alcaldía continúa coa mellora da rede de alumeado público de Lugo con novas actuacións nas rúas Salvador de Madariaga e Pintor Corredoira

 

Lugo, 16 de marzo de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo deu conta dos traballos realizados nos últimos meses dentro do plan de renovación do alumeado público de Lugo. Arroxo explicou que "seguimos traballando en distintas zonas da cidade para garantir un alumeado público eficiente enerxeticamente e que garanta que non haxa zonas escuras nas rúas". Actualmente, estase a traballar nas rúas Salvador de Madariaga e Pintor Corredoira, substituíndo as luminarias antigas por LEDs.

Arroxo lembrou que no ano 2023, a Tenencia de Alcaldía actuou en 82 rúas nas que se actualizaron as luminarias, instalando máis de 1291 puntos de luz LED. "Seguimos traballando en distintas zonas para avanzar nunha actualización importante que permite reducir a pegada de carbono de Lugo, colaborando desde o noso concello na loita contra o cambio climático", afirmou Rubén Arroxo

Arroxo explicou que dende a chegada ao Goberno de Lugo "traballamos continuamente na reducción do gasto público ao tempo que a veciñanza de Lugo pode desfrutar dun alumeado eficiente".  A Concellería de Infraestruturas investiu, nos últimos anos, máis de 3 millóns de euros na renovación do alumeado público. Arroxo explicou que os criterios utilizados son a recuperación das luminarias existentes adaptándoas ás novas tecnoloxías, reducir os residuos xerados e os custos de implantación e a renovación do resto de elementos que conforman a rede de alumeado, como caixas, conductores ou fusibles facendo así que diminúan as avarías e as molestias á veciñanza.

A Tenencia de Alcaldía continúa coa mellora da rede de alumeado público de Lugo con novas actuacións nas rúas Salvador de Madariaga e Pintor Corredoira