RUBÉN ARROXO AMOSOU O SEU COMPROMISO POR "AMPLIAR O ALCANCE DAS ASOCIACIÓNS CON ESTES NOVOS CURSOS QUE AXUDAN A RECUPERAR AS ACTIVIDADES E OS OFICIOS DA NOSA CULTURA, E INNOVAR NOUTROS"

Rubén Arroxo e Cristina López visitan o curso de restauración que se está a realizar en Piúgos, dentro do ciclo de obradoiros para asociacións veciñais do rural de Lugo

Rubén Arroxo amosou o seu compromiso por "ampliar o alcance das asociacións con estes novos cursos que axudan a recuperar as actividades e os oficios da nosa cultura, e innovar noutros"

Rubén Arroxo e Cristina López visitan o curso de restauración que se está a realizar en Piúgos, dentro do ciclo de obradoiros para asociacións veciñais do rural de Lugo

 

Lugo, 16 de marzo de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitaron Piúgos, onde se está a realizar un curso de restauración de mobles dentro do ciclo de obradoiros promovidos pola Tenencia de Alcaldía para as asociacións veciñais do rural no ano 2024. As distintas asociacións poderán desfrutar de cursos de distintas temáticas, como de poda, inxerto, restauración, cociña, pandeireta, repostería, etc...

O Tenente Alcalde amosou o seu compromiso con todas elas para "ampliar o alcance das asociacións con estes novos cursos que axudan a recuperar as actividades e os oficios da nosa cultura, e innovar noutros". Ademais, Rubén Arroxo insistiu no feito de que "dende o goberno municipal seguimos traballando para facer funcionar o tecido asociativo tamén a través das partidas orzamentarias" polo que, insiste, "tanto axudas económicas coma obradoiros conviven e danse ao mesmo tempo".

A área de Participación entregou o pasado ano un total 10.691,12€ ás asociacións veciñais do concello de Lugo para executar proxectos relacionados co asociacionismo, o voluntariado e a participación cidadá, ademais de incluír gastos de mantemento e funcionamento necesarios para a realización das iniciativas. Rubén Arroxo destacou que "esta liña de subvencións permiten que as distintas asociacións veciñais de Lugo poidan manter a súa actividade ao longo do ano".

Rubén Arroxo e Cristina López visitan o curso de restauración que se está a realizar en Piúgos, dentro do ciclo de obradoiros para asociacións veciñais do rural de Lugo