A CONCELLEIRA DE PARTICIPACIÓN ACHEGOUSE ATA AS INSTALACIÓNS DO CEMITERIO MUNICIPAL "NUNHA DAS XORNADAS DO ANO NAS QUE RECIBE MÁIS VISITAS, COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DO DÍA DO PAI"

A música lucense Iria Estévez realiza un concerto no Cemiterio Municipal, dentro da programación cultural elaborada pola área de Participación

A concelleira de Participación achegouse ata as instalacións do Cemiterio Municipal "nunha das xornadas do ano nas que recibe máis visitas, coincidindo coa celebración do Día do Pai"

López anunciou horarios especiais de apertura para as xornadas de maior afluencia, cun horario ininterrumpido entre as 09:30 e as 19:00

A música lucense Iria Estévez realiza un concerto no Cemiterio Municipal, dentro da programación cultural elaborada pola área de Participación

 

Lugo, 17 de marzo de 2024. A concelleira de Participación, Cristina López, achegouse ata o Cemiterio Municipal onde, coincidindo coa celebración do Día do Pai, tivo lugar un concerto da música lucense Iria Estévez. Cristina López afirmou que "ao longo do ano contamos cunha gran cantidade de actividades culturais no cemiterio, especialmente en días sinalados, como o día do pai, onde se recibe un maior número de visitas".

Cristina López explicou que a programación cultural do Cemiterio se estenderá ata o mes de xuño, "achegando un ano máis unha serie de actividades diversas coas que agardamos que toda a veciñanza se achegue e coñeza o noso cemiterio". As representacións teatrais continuarán o día 14 de abril con 'Mallo, Asorey e os seus anxos', o día 12 de maio con 'Escoitando aos escritores/as', e rematarán o 9 de xuño coa obra 'Da Negra Sombra a Sabeliña'.

Ademais,  a concelleira de Participación lembrou que "tamén poderemos visitar todas as fins de semana e festivos as exposicións dispoñibles", tanto a permanente na que podemos percorrer a historia dos enterramentos dende a pocsa romana, como a exposición 'Memoria Viva' na que se recollen as distintas actividades culturais que se desenvolven ao longo do ano no Cemiterio. Cristina López recordou que "continúan a ofrecerse visitas guiadas para escolares polas instalacións do cemiterio, co fin de coñecer toda a historia que alí se garda".  Para obter máis información existe un correo electrónico a disposición dos centros educativos interesados: [email protected].

Horario especial de apertura

López anunciou horarios especiais de apertura para as xornadas de maior afluencia, cun horario ininterrumpido entre as 09:30 e as 19:00, que se aplicará os días 17 de marzo, 5 de maio, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 de outubro e 1 de novembro. O horario habitual da instalación é de 09:30 a 14:30 de luns a sábado e de 09:30 a 14:30 os domingos.

A música lucense Iria Estévez realiza un concerto no Cemiterio Municipal, dentro da programación cultural elaborada pola área de Participación