A FEIRA DO 48 CELEBRASE NESTA FIN DE SEMANA NA PRAZA MAIOR DE LUGO E O PREGÓN CORREU A CARGO DO HISTORIADOR, E EXPRESIDENTE DE CANTIGAS E FRORES, ADOLFO DE ABEL VILELA

Inaugurada a FEIRA DO 48 que organiza a Asociación Cultural Cantigas e Frores

Os ediles de Educación, Felipe Rivas, e de Partipación, Cristina López, representaron ao Concello na apertura da Feira

Inaugurada a FEIRA DO 48 que organiza a Asociación Cultural Cantigas e Frores

Lugo, a 6 de setembro de 2019: Quedou inaugurada a  A Feira do 48 que por segundo ano consecutivo organiza a Asociación Cultural “Cántigas e Frores” e se celebra na Praza Maior de Lugo os días 7 e 8 de setembro. No pregón, correu a cargo do historiador, e expresidente de Cantigas e Frores, Adolfo de Abel Vilela. Os ediles de Educación, Felipe Rivas, e de Partipación, Cristina López, representaron ao Concello na apertura da Feira.

 

Durante esta fin de semana poderanse ver unha Exposición de artesanía: ao longo das dúas xornadas haberá seis stands nos que expoñerán cinco dos mellores artesáns de instrumentos e traxes tradicionais galegos: Xaneco Tubío, Miguel Mosquera, Traxandaina, Lis Latas, Bolboreta Fiandeira; xunto cun stand adicado a Cántigas e Frores.• Pulpeira e xogos tradicionais: como en calquera feira, dentro do recinto feiral (espazoao redor do Templete da Praza Maior) acompañarán aos stands de artesanía unhaPulpeira (Pulpería María da Valiña de Sarria) e xogos tradicionais como o Xogo da Rá emoitos outros.

 

Ademais haberá actuacións musicais e de Baile Tradicional Galego: durante as dúas xornadas aambientación musical correrá a cargo das diferentes formacións que forman parte doorganigrama de Cántigas e Frores:Banda de GaitasGrupo de Baile TradicionalGrupo de CantareirosMurgaGrupo de CantareirasCoro GalegoCuarteto Tradicional.

 

Ruadas: ao remate das dúas xornadas haberá unha Ruada, trátase de dúas festasamenizadas por grupos de recoñecido prestixio:Ruada do sábado: contarácoas actuacións do Coro Cantares de Brión, de Comando Curuxása maioresdos Cantareiros e de Cántigas e Frores así como da Murga deCántigas e Frores.Ruada do domingo: contará coas actuacións do Coro Galego de Cántigas e Frores, O Grupo de Cántareiras deCántigas e Frores e de Fiandola.

 

HORARIOS

Sábado:

11:48 Apertura da Feira e pregón a cargo de Adolfo de Abel Vilela

12:48 Concerto da Banda de Gaitas de Cántigas e Frores

13:48 Actuación do Cuarteto de Gaitas de Cántigas e Frores

18:48 Actuación do Grupo de Baile de Cántigas e Frores

19:48 RUADA: Coro Cantares do Brión, Murga de Cántigas e Frores, Grupo de Cantareiros de Cántigas e Frores eComando Curuxás.

 

Domingo:

11:48 Pasarrúas

12:48 Concerto da Banda Sons e Soños de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei

13:48 Actuación do Cuarteto de Gaitas de Cántigas e Frores

18:48 RUADA: Coro Galego de Cántigas e Frores, Grupo de Cantareiras de Cántigas e Frores e Fiandola.

Inaugurada a FEIRA DO 48 que organiza a Asociación Cultural Cantigas e Frores