Infraestruturas adquire un novo vehículo de traballo para a brigada municipal de obras

Alexandre Penas destacou “o labor que realiza a brigada, que permite facer moitas actuacións pequenas que garanten o benestar da veciñanza”

O Goberno de Lugo aprobou hoxe a adquisición dun novo furgón por 25.446,79€

Infraestruturas adquire un novo vehículo de traballo para a brigada municipal de obras

Lugo, 20 de outubro de 2020. O Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou da adquisición dun novo vehículo de traballo para a brigada municipal de obras. “Trátase dunha acción necesaria para mellorar as condicións do persoal desta brigada, moi necesaria para a cidade debido aos traballos que realizan”, explicou Alexandre Penas.

 

“Avanzamos tamén de cara á sostibilidade, adquirindo novos vehículos con mellores prestacións e que realizan menos emisións de substancias contaminantes”, explicou Alexandre Penas, que engadiu “a substitución tamén mellorará as condicións de traballo do persoal das brigadas, ao contar con maior espazo para a carga de material e ter elementos de seguridade cos que os vehículos antigos non contaban”.

 

Alexandre Penas afirmou “seguimos traballando para mellorar o parque móbil da brigada, mellorando as condicións do persoal municipal e a capacidade de traballo”. O edil de Infraestruturas lembrou que “esta compra compleméntase cos vehículos adquiridos no 2020, ademais dos alugados que serven para facilitar os desprazamentos do persoal técnico aos distintos traballos”.

 

A empresa Caetano Fórmula subministrará un Renault Trafic Blue DCI de 146Cv, por un total de 25.446,79€. A maiores dos requerimentos mínimos do prego de características, o vehículo adquirido por Infraestruturas inclúe melloras para mellorar a maniobrabilidade nos itinerarios dificilmente transitables como as zonas periurbanas, sistema anti-balance para remolque, útil en situacións nas que sexa necesario transportar maquinaria ou material que non entre no furgón, modo eco para reducir o consumo de combustible e roda de reposto de tamaño completo

Infraestruturas adquire un novo vehículo de traballo para a brigada municipal de obras