Infraestruturas avisa do corte dun carril na rúa San Roque debido ás obras da Mosqueira

O corte de tráfico producirase a partir de mañá no carril esquerdo de San Roque, na zona próxima á Mosqueira

 

Trátase dunha eliminación temporal que permitirá facer a transición necesaria para a peonalización da Mosqueira

Infraestruturas avisa do corte dun carril na rúa San Roque debido ás obras da Mosqueira

Lugo, 04 de novembro de 2021.  Desde a concellería de Infraestruturas Urbanas infórmase de que a partir de mañá se procederá a cortar á circulación tráfico un treito dun carril da rúa San Roque para levar a cabo os traballos de transición entre esta rúa e a Mosqueira.

 

O treito afectado será o carril esquerdo da rúa San Roque, na zona máis próxima á Mosqueira, e o corte terá unha duración de 3 semanas.

 

En todo momento garantirase un paso peonil seguro pola zona de obras, ademais de garantirse tamén a entrada a vivendas, locais comerciais e garaxes, tratando de molestar o mínimo posible á veciñanza.

Infraestruturas avisa do corte dun carril na rúa San Roque debido ás obras da Mosqueira