“Instalaremos puntos violeta durante o San Froilán para previr casos de violencia machista” informou Maite Ferreiro
A edil de cultura presentou as medidas contra a violencia machista para as festas
A área de Cultura colabora co a Cruz Vermella para habilitar os puntos violeta
Lugo, 22 de setembro de 2022. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou a instalación de un Punto Violeta durante as Festas do San Froilán. “Colaboramos coa Cruz Vermella para atender esta instalación, que se situará no fondo Praza Maior” explicou Maite Ferreiro e engadiu “o obxectivo é contribuir a previr situacións de acoso ou violencia machista e atender a posibles vítimas”.
Todas as persoas que o desexen poderán achegarse a recibir información ou comunicar calquera tipo de situación de acoso sexual. Ademais repartiranse folletos informativos. O punto habilitado polo Goberno de Lugo situarase no fondo da praza Maior, do mesmo xeito que nos últimos anos, e prestará atención os días 4, 6, 7, 8 e 11 de outubro entre as 21:00 e as 02:00.
“A violencia machista pode mostrarse de distintos xeitos segundo o ámbitos e o espazo, pero sabemos que momentos como as festas do San Froilánson especialmente sensibles a este tipo de situacións”, sinalou Maite Ferreiro e concluíu “debemos concienciar e sensibilizar para modificar e erradicar actitudes e comportamentos sexistas nos espazos de ocio, creando así espazos libres de agresións onde todos es todas poidamos gozar das festas libremente e con tranquilidade”.