Iria Castro “o BNG xa informou no pleno o que está a suceder co SAF”
O BNG levou unha proposta para aplicar un control no servizo, no que a alcaldía do PSOE votou en contra
A concelleira do BNG en Castroverde, Iria Castro, reclama á alcaldía que tome medidas de forma “urxente”
Castroverde, 11 de febreiro de 2022.- O Bloque Nacionalista Galego en Castroverde evidencia que o Servizo de Axuda no Fogar non se está a desenvolver correctamente, polo que trasladou esta información ao goberno municipal no pasado 27 de xaneiro, data que se celebrou un pleno.
A concelleira nacionalista, Iria Castro, declarou “o BNG xa informou no pleno o que está a suceder co SAF, en cambio non se fixo, nin se fai nada até que as propias usuarias e usuarios tiveron que denunciar públicamente esta situación”.
Así, Iria Castro subliñou que non hai control sobre o funcionamento do SAF “ante o que nos transmitiron as usuarias e usuarios, o BNG propuxo nunha moción que se fixera un control de calidade do servizo, no que a alcaldía do PSOE votou en contra”
A concelleira fixo fincapé en que o goberno municipal debe actuar de forma “urxente” nun servizo tan necesario como son os coidados das persoas maiores “este servizo é fundamental para moitas veciñas e veciños que viven soas ou son dependentes, débese actuar con urxencia e con seriedade para dar un servizo digno a todas estas persoas”
O BNG en Castroverde considera que a municipalización do SAF é necesaria para garantir a calidade e a estabilidade do servizo, e por conseguinte, a estabilidade laboral das persoas traballadoras.