O IV Lucus Music Festival, conta con un campus adicado á Dirección de Orquestra entre as actividades programadas

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro recibiron aos participantes no curso de dirección musical dirixido por Cristóbal Soler
 
O IV Lucus Music Festival, conta con un campus adicado á Dirección de Orquestra entre as actividades programadas

 Lugo, 20 de agosto de 2025 A concelleira de Cultura e o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo recibiron esta mañá participantes do encontro, procedentes de distintas zonas do mundo.

A concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, e o Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, participaron na benvida ás persoas participantes no encontro de dirección organizado pola área de Cultura en colaboración coa asociación Músico Crisanto que durante esta semana achega a Lugo a unha selección músicos e músicas procedentes de distintas zonas do mundo.

Entre as persoas particiantes achegaronse a Lugo futuras directoras e directores de diferentes partes do estado como Valencia, Oviedo, Sevilla ou Jaen. Ferreiro destacou esta cita "como unha gran promoción da cidade, poñendo a Lugo no mapa da creación artística, e convertendo as nosas rúas nun escenario importante para a formación das directoras e directores". 

A concelleira destacou que a área de Cultura e Turismo "busca achegar a Lugo un turismo de calidade, fuxindo das masificacións e apostando por unha ampla actividade cultural que poidan desfrutar tanto as veciñas e veciños de Lugo como as persoas que se achegan a pasar uns días", e engadiu "actividades como o Lugo Music Festival permítennos cumprir este obxectivo, posicionando a Lugo como un punto importante na formación musical".

O IV Lucus Music Festival, conta con un campus adicado á Dirección de Orquestra entre as actividades programadas