“As luces de nadal son un auténtico reclamo pola novidade que supoñen en moitos espazos da cidade” dixo Rubén Arroxo
Concelleiros de diferentes áreas do goberno local visitaron xunto co Tenente Alcalde as luces situadas na pza. do Camiño Primitivo
O alumeado de Lugo, promovido pola área de Cultura do Concello, conta con 406 motivos luminosos instalados en 69 rúas da cidade, e preto de 1 millón de luces led
Lugo, 10 de decembro de 2021. O Tenente Alcalde visitou as luces situadas na pza. do Camiño Primitivo xunto con ediles responsables de diferentes áreas do goberno local. Na súa visita afirmou que “as luces de nadal son un auténtico reclamo pola novidade que supoñen en moitos espazos da cidade e con esto tratamos de reactivar a economía local e moitos lugares da cidade”. O Alumeado de Nadal permanecerá en funcionamento ata o 9 de xaneiro de 2022, en horario de 18:00 a 00:30 horas durante a semana, e de 18:00 a 03:00 as fins de semana e vésperas de festivos.
O percorrido do Camiño Primitivo pola cidade recibiu unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo decoráronse con luces para manter o atractivo turístico desta figura durante o Nadal. A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, ten unha altura de 20 metros., A contorna conta con 3 figuras que poden ser utilizadas pola veciñanza como photocall.
Este ano un total de 69 rúas e prazas da cidade contan cun total de 186 arcos luminosos e 30 elementos ornamentais. Ademais, decoráronse 100 farolas. Entre os elementos ornamentais, destacan a instalación dunha figura en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que e a decoración de 4 rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Noutras prazas, instaláronse outros motivos en 3D e árbores de 3 metros de altura. En total, o proxecto de alumeado conta con 844.635 luces LED, repartidos entre 186 arcos e 582 elementos de distintos tipos.
A maiores do proxectado pola área de Cultura, a empresa concesionaria ofreceu unha serie de melloras ao alumeado, que se instalaron na praza de Augas Férreas (9 arcos e 5 farolas), na Estrada Vella de Santiago (3 arcos) e na Rúa Magnolia e Pista Vermella de Fingoi (2 arcos e 2 farolas)