“Iniciamos o pavimentado do tramo da Mosqueira cun novo sistema que alterna céspede e baldosas” Rubén Arroxo
Comenzou a colocarse o novo pavimento da Mosqueira que se convertirá nun dos centros de recepción de turistas da cidade
A nova praza, peonil, contará con mobiliario urbano e árbores ademais dun deseño que fará máis amable coas persoas
Lugo, 11 de decembro de 2021. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, supersvisou os traballos de inicio da colocación de pavimento no tramo da Mosqueira. O Tenente Alcalde estivo acompañado de técnicos muncipais e do concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas. O inicio dos traballos coincidiron, case no tempo, coa apertura do tramo de beirarrúa que permite o paso de persoas entre a rúa San Roque e o centro da cidade.
Obra de peonalización, coa presenza de zona verde, servirá para abrir un dos espazos simbólicos da cidade para súa utilización por veciñanza e visitantes. O Tenente Alcalde e o edil de Infraestruturas comprobaron, xunto co persoal técnico, a execución e os materiais que se utilizarán na nova pavimentación da rúa.
En total, a execución das obras ten un prazo de 8 meses desde o comezo en xuño,, e foi licitado por 588.836€ á empresa Hermanos Pico Yañez. "Unha das liñas de traballo da área de Mobilidade, da que é protagonista a peonalización do tramo da Mosqueira, é retirar progresivamente os vehículos da Muralla, dando así solución ás vibracións que están a converterse nun problema para a estrutura, tal e como advertiu o ICOMOS", lembrou o edil de Infraestruturas.
Alexandre Penas lembrou que "esta actuación servirá como espello de como se pode humanizar o entorno do monumento máis importante de Lugo coa retirada de vehículos". A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira.