Presentouse o Torneo de Xadrez Escolar de Nadal
erá unha colaboración da Escola Luguesa de Xadrez coa Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo
O Torneo foi presentado polo director da Escola Lucense de Xadrez, Pablo Castro, que estivo acompañado de Felipe Rivas, concelleiro de Educación de Difusión do Coñecemento, Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza
Lugo, 12 de decembro de 2021. A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento en colaboración coa Escola Luguesa de Xadrez organizan o Torneo de Xadrez Escolar de Nadal. Para Felipe Rivas “tratase de integrar unha disciplina como o xadrez en un espazo privilexiado como o recentemente restaurada Praza de Abastos” e egandiu “imos converter o entorno da rúa Quiroga Ballesteros no lugar que Lugo merece para expansión do coñecemento”. O Torneo foi presentado polo director da Escola Lucense de Xadrez, Pablo Castro, que estivo acompañado de Felipe Rivas, concelleiro de Educación de Difusión do Coñecemento, Cristina López, concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza
Esta edición terá como marco a Praza de Abastos e contará coa colaboración da concellería que dirixe Cristina López para a cesión do espazo. O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect. Haberá trofeos para os tres primeiros e para as tres primeiras clasificadas de cada categoría e agasallos para todas e todos os participantes.
Abrirase o torneo o vindeiro domingo, 19 de decembro, pola tarde de 16.00 h. a 19:30 horas. De 16:00 horas a 16:25 farase a confirmación dos participantes e o torneo dará comezo de 16:30 a 19:30. As persoas interesadas en participar no torneo deberán realizar a inscrición, entregando o formulario ao monitor dá Escola Luguesa de Xadrez ou escribindo un e-mail a [email protected]. Os participantes teñen que estar federados nalgún equipo, de non estalo a Escola Luguesa de Xadrez ou federará gratuitamente no seu clube.
O torneo será totalmente de balde e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect. Haberá trofeos para os tres primeiros e para as tres primeiras clasificadas de cada categoría e agasallos para todas e todos os participantes. A inscrición poderase realizar ata o 17 de decembro ás 20:00 horas. Importante: Límite de aforo. Por estrita orde de solicitude. Na zona de xogo só poderán entrar os xogadores do torneo.
NOTA: Achéganse fotos e cartaz do Torneo
Neste torneo haberá as seguintes categorías
Sen elo Fide |
Con elo Fide |
Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16 |
Absoluta |
Os participantes no torneo autorizan a publicación de fotos, vídeos e dos seus datos persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxes de resultados, clasificacións, participantes, xogos, etc) así como a aceptación dás bases deste torneo, publicadas en www.xaquedrum.es
Boletín inscrición: Torneo de Xadrez Escola de Nadal.
SI |
Quero que federen ao meu fill@ no equipo da Escola Luguesa de Xadrez MARCAR CUNHA X |
Apelidos: |
|
Nome: |
|
|||||
|
|
|
|
|
|
|
||
Data Nacemento |
|
Colexio |
|
Clube |
|
|||
ASDO:_________________________
Bases do TORNEO DE XADREZ DE NADAL
Organiza: Concellería de educación e Difusión do Coñecemento
Colabora: Escola Luguesa de Xadrez
Data: Domingo 19 de Decembro
Local de xogo: Praza de abastos Lugo, planta baixa.
Sistema de xogo: suizo a 6 roldas
Ritmo de xogo: 10´+3”
Horario de xogo: confirmación de participación e entrega de mascarilla ás16:00, 1ª rolda 16:15, clausura 19:30 horas
Emparellamentos: realizaranse mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Inscricions: [email protected] antes do 17 de decembro ás 20 horas
Desempates:, bucholz -1, bucholz total, Progresivo
Premios:
Xeral: 1º 100€, 2º 50€, 3º 25€ 4º 25€ 5º Trofeo
sub-18: 1º trofeo
sub-16: 1º trofeo
sub-14: 1º trofeo
sub-12:1º trofeo
sub-10: 1º trofeo
sub-8: 1º trofeo
Regras de xogo:
Seguirase o protocolo Anti Covid-19 (uso de xel desinfectante, mascarilla, toma de temperatura etc..), para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. A inscripción no torneo supón a aceptación destas bases.