Lugo celebra o 22 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade
A Mosqueira acolleu o concerto O cantar da nosa lingua, unha proposta do Coro do Hospital de Lugo baseado na historia do galego
Lugo, 30 de novembro de 2022. Lugo acolle hoxe unha extensa programación cultural debido á celebración do 22 aniversario da declaración da Muralla como Patroimonio da Humanidade. A área de Cultura do Concello achegou ao Coro do Hospital de Lugo interpretou o concerto O cantar da nosa lingua, unha proposta que explora a historia da lingua galega, desde o medievo ata a actualidade, achegando cancións dos distintos períodos. No concerto celebrado esta tarde na Mosqueira, o Coro do Hospital de Lugo interpretou a lírica medieval dos trovadores e neotrovadores, a música tradicional dos séculos escuros e as creacións dos séculos XIX e XX.
Este concerto únese á campaña #LugoMurallaÚnica posta en marcha pola área de Cultura, “un proxecto que está a visibilizar a nosa Muralla a nivel internacional e que destaca o feito de ser a a única muralla romana do mundo que se conserva completa”, explicou Maite Ferreiro. A campaña #LugoMurallaÚnica consta de 7 entrevistas en 6 idiomas (inglés, francés, italiano, portugués, castelán e galego) que darán a coñecer distintos aspectos históricos e culturais da Muralla de Lugo dende a perspectiva de 7 persoas nacidas fóra, pero que viviron ou viven na cidade