O BNG presenta en Lugo as alternativas para facer fronte á suba de prezos
Este acto enmárcase dentro da campaña do BNG "Fagamos Valer Galiza, contra a crise de prezos, hai alternativas” e que culminará cunha mobilización nacional o 18 de decembro en Compostela
Olalla Rodil “É o momento de salvar ás maiorías sociais do noso País, non á banca, ás eléctricas ou ás grandes fortunas”
Lugo, 30 de novembro de 2022.-O Bloque Nacionalista Galego presentou hoxe cun acto público no centro de conviviencia Uxío Novoneyra de Lugo as alternativas políticas para pór freo ao empobrecemento do pobo galego por mor da inflación e a suba xeralizada de prezos.
Algunha das medidas que se amosaron son: incrementar a presión fiscal ás grandes empresas e patrimonio coa persecución da fraude fiscal, o impulso á mocidade, ás PEME’s, a intervención no mercado eléctrico e o da vivenda, entre outras medidas, as que teñen por obxectivo dotar a Galiza dunha alternativa á política de austeridade e os recortes do Partido Popular.
Este acto enmácase dentro da campaña "Fagamos Valer Galiza, contra a crise de prezos, hai alternativas” coa que a fronte patriótica está a desenvolver por todo o País e concluirá o vindeiro 18 de decembro cunha manifestación nacional en Comp
Contou coa participación de Ada Blanco, integrante de Galiza Nova; Rubén Arroxo, tenente alcalde de Lugo e candidato do BNG á alcaldía de Lugo; Rubén Cela, integrante da executiva nacional do BNG e Olalla Rodil, deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego.
Olalla Rodil, deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego declarou “é o momento de salvar ás maiorías sociais do noso País, non á banca, ás eléctricas ou ás grandes fortunas”, ao que tamén, a deputada descatou a inoperancia dos gobernos “o Partido Popular á fronte da Xunta como o PSOE no Goberno do Estado continúan paralizados, por isto desde o BNG damos pasos para pór en riba da mesa alternativas que sopoñan un cambio estrutural da nosa economía e que poña fin que as crises as paguen as de sempre”
Neste sentido, Rodil salientou a necesidade de responder ao contexto socioeconómico “hai que actuar con urxencia a favor da xente, temos os salarios dos máis baixos e as segundas pensións máis baixas do Estado, e isto nun cotexto de inflación é insoportábel; precisamos soberanía para defendermos e facer valer o noso País”
Por todo isto, a deputada nacionalista animou a mobilizarse co BNG este 18 de decembro en Compostela “ante este roubo ás familias e ás pequenas e medianas empresas temos sumar para facer fronte a esta crise, anímovos á mobilización nacional do BNG”