Lugo homenaxea a Ana Goy no Concerto da Lembranza do Cemiterio Municipal
A área de participación adicou a actividade a Ana Goy, en recoñecemento da súa ampla colaboración na posta en valor do Cemiterio
30 nov. 2022 - 20:56
Lugo, 30 de novembro de 2022. O Cemiterio Municipal acolleu esta tarde unha nova edición do tradicional Concerto da Lembranza, unha das actividades máis agardadas da programación anual do Cemiterio, na que se homenaxea e se lembra ás persoas falecidas.
O cuarteto vogal Son de Corda, con Elena R. Fernández ao piano foi o encargado de interpretar o concerto, adicado a Ana Goy, Catedrática de Historia da Arte na USC, e que colaborou en múltiples ocasións co Concello de Lugo co obxectivo de poñer en valor e recuperar o Cemiterio de San Froilán como recurso cultural, social e emocional.
A actividade rematou co ritual colectivo Verbas de Luz, unha queima de mensaxes de agarimo, lembranza e consideración ás persoas que xa non están.