Maite Ferreiro presenta a programación cultural do Nadal

A concelleira de Cultura afirmou que “achegamos actividades diversas e de calidade para todos os públicos”

 

As actividades programadas pola área de Cultura comezará o 26 de decembro e estenderanse ata o 5 de xaneiro, coa volta da cabalgata de Reis

Maite Ferreiro presenta a programación cultural do Nadal

Lugo, 30 de novembro de 2022. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades culturais do Nadal 2022.  A área de Cultura achegará o Nadal a distintos puntos da cidade, con actividades organizadas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, no MIHL, ou no Vello entre as que se atopan actuacións musicais, obradoiros e contacontos.

"O Nadal é unha data na que debemos traballar tamén para recuperar e promocionar os elementos culturais da nosa terra" indicou a concelleira de Cultura, que engadiu "contamos con actividades para difundir entre as nenas e nenos as nosas tradicións, entre as que se atopan obradoiros de panxoliñas no Vello Cárcere, ou o Rancho de Reis Xeitoso, unha actividade xa consolidada na programación do Nadal de cada ano, e que este ano volverá a Lugo os días 30 de decembro e 4 de xaneiro".

A programación do Nadal rematará coa volta da Cabalgata de Reis, que despois de dous anos realizándose de xeito estático debido ás distintas restriccións da pandemia, volverá percorrer as rúas de Lugo na tarde do día 5. Ferreiro explicou que “nos vindeiros días anunciaremos os espectáculos cos que os Magos de Oriente recibirán ás nenas e nenos de Lugo”.

Programación Nadal 2022

RANCHO DE REIS XEITOSO.

Danzantes e Cantareiras e Cantareiros de Oxeito faran Danzas e cantos de Nadal.

30 de decembro e 4 de xaneiro ás 18h. Recinto Histórico.

CONCERTO DE ANINOVO: BANDA FILARMONICA + ARTISTAS CONVIDADOS:

Concerto da Banda Filarmónica acompañada de Sara Pérez Cruz, Tamara M. Santamariña Sanmartín, Grupo Baile Irlandés, Hector Oropeza e Diego Ventoso.

3 de xaneiro ás 20h. Auditorio Municipal Gustavo Freire.

OBRADOIROS DE PANXOLIÑAS TRADICIONAIS.

Aprender e disfrutar dos nosos cantos tradicionais con profesores especialistas, utilizando diversos instrumentos; guitarra, ukelele e pequena percusión.

Días 26, 27, 28, 29, 30 de decembro e 2, 3 , 4 e 5 de xaneiro. Das 11:00 ás 13:00h. Vello Cárcere.

Dous grupos por día (15 participantes por día e grupo). Inscricións; 982297195 ou no correo; [email protected]

Primer grupo das 11 ás 12 horas.

Segundo grupo das 12 ás 13 horas.

O día 5 de Xaneiro, mostra final na Cabalgata.

CABALGATA DE REIS.

Chegada dos Reis Magos a Cidade de Lugo.

5 de xaneiro. Saída ás 18h. Parque da Milagrosa.

Programa MEDRANDO NO NADAL. Festival de artes escénicas para a 1º infancia.

OS XOGOS DA SHANTAL DE ARTISTALIA.

Espazo de xogo para manipular, xogar e aprender con diferentes elementos, formas, materiais, tamaños e texturas. A partir dos 0 anos.

26, 27 e 28 de decembro das 16h ás 18h. Recibidor do Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Os xogos do Shantal é un espazo onde os máis peqeunos serán os protagonistas da festa, pensado para as súas necesidades, respectando o seu tempo e o seu desenvolvemento. Un rincón para favorecer a atención e o benestar do bebé fomentando a exploración sensitiva e deseñado para a experimentación sensorial e percepción corporal.

CRASSH BABIES 2.0 de WETUMTUM.

Espectáculo con música e humor para primeira infancia, a partir 1 ano.

26 de decembro. 16.30h e 18h. Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Cabida por pase: 40 bebés + acompañantes.

Duración: 45 min.

Sinopse:

CRASSH é un proxecto gañador de múltiples premios en Portugal e recentemente gañador do Premio “Público” no Festival Internacional de Teatro de Castilla y León. Agora, presentan a súa proposta para bebés,niñ@s e familias. CRASSH é unha combinación única de percusión, movemento e comedia visual, onde todo é un pretexto para producir son, cunha enerxía contaxiosa. Con diferentes sonoridades, dende a voz aos tubos de pvc pasando polos obxetos cotiás, todo serve para estimular os sentidos dos máis pequenos e proporcionar momentos únicos entre pais e fillos. Propoñemos unha viaxe polo mundo CRASSH coa súa linguaxe vocal propia “Crasshones”, entendida por todos, ata polos Bebés. Con dúas personaxes de carácter forte e musicalidade extrema, que son quen de sorprender coa súa interacción permanente cos participantes. Con esta relación entre sons, nenas, nenos e acompañantes, a diversión está garantizada

SENSACIONAL de IMAGINART.

Un espazo de sensacións audiovisuais para nenos e nenas de 18 meses a 3 anos

27 de decembro. 4 pases de 16.30, 17.00, 17.30 e 18h. Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Cabida por pase: 10 bebés + acompañantes.

Duración: 15 min.

Sinopse:

Sensacional é un estourido de imaxes e sons que se propagan por todas partes. Unha experiencia visual e sonora sorprendente. Un chan brando de cor branca. Todo é de cor branca, incluso o vestiario que os nenos e nenas levan despois de cambiarse de roupa antes de entrar no escenario. O chan é unha gran pantalla sobre a que se proxectan imaxes de alta resolución que cubren todo o espazo e os corpos dos participantes. Os nenos e as nenas déixanse levar pola forza das imaxes, polo xogo que éstas provocan e pola suxerente banda sonora.

Funcionamento: Cada nena/o pode ir acompañado únicamente dun adulto que non participará directamente na actividade. A compañía facilita a cada nena e neno o vestiario branco para

participar na actividade.

NIDOS de PROJECTE NIUS.

Un espectáculo para redescubrir o poder da calma e a esencia da beleza para nenas e nenos dos 0 aos 18 meses.

28 de decembro de 2022. 2 Pases. 16.30h e 18h. Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Cabida por pase: 50 persoas (bebés e adultas incluídas).

Duración 45 min.

Sinopse:

NIDOS é unha invitación para toda a familia a vivir a arte cos cinco sentidos. O espectáculo está adicado ao momento único dos primeiros 18 meses de vida. Celebramos, nun espazo tranquilo e seguro, cheo de beleza, música, arrecendos, cores e texturas, a chegada da vida en forma de panza e latexo. Desde a tenrura e o xogo, disfrutamos o descubrimento do corpo, os sons e o espertar das memorias da nosa infancia.

ESPAZO DE XOGO MIUDINHO.

Espazo de xogo libre para persoas pequenas e maiores.

29 de decembro das 16h ás 17h e das 18h ás 19h. Recibidor do Auditorio Municipal Gustavo Freire.

30 de decembro das 16h ás 19h. Recibidor do Auditorio Municipal Gustavo Freire.

A MÚSICA DAS BUGUINAS de MAMÁ CABRA e BELLÓN MACEIRAS.

Unha fermosa proposta que une música tradicional cun conto que nos leva polo coñecemento das nosas músicas para nenas e nenos a partir de 2 anos.

29 de decembro de 2022. 1 Pase. 17h. Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Cabida por pase: 80 persoas.

Duración: 50 min.

Sinopse:

A Música das buguinas é un espectáculo en directo conxunto de Mamá Cabra e BellónMaceiras. Sobre a idea orixinal dos concertos didácticos de música tradicional de BellónMaceiras, Pepablo Patinho escribe o conto da Música das buguinas. Unha proposta que nos ensina a amar e coñecer a nosa música e no que imos descubrindo como soan e como son diferentes instrumentos: gaita, acordeón , guitarra, percusións, instrumentos de vento… neste fermoso espectáculo músico-teatral de BellónMaceiras e Mamá Cabra.

NUBE, NUBE, SOL de TEATRO Ó CUBO.

Unha peza de teatro pensada para as máis pequenas con un traballo de teatro físico, música e moita cor en escenario

30 de decembro de 2022. 2 PaseS. 17h e 18h. Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Cabida por pase: 60 persoas.

Duración: 45 min.

Sinopse:

As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música, Teatro ó Cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.

Maite Ferreiro presenta a programación cultural do Nadal