Lugo conta cun novo mural na medianeira do aparcadoiro municipal do Seminario

Os edís do BNG diante do mural

Maite Ferreiro: “continuamos a traballar para mellorar a imaxe da cidade con intervencións artísticas de muralistas recoñecidos”

O muralista Miguel Peralta foi o encargado desta nova intervención artistica enmarcada dentro do ciclo Culturbán

 

Lugo conta cun novo mural na medianeira do aparcadoiro municipal do Seminario

Lugo, 17 de setembro de 2021. A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua continúa co festival de arte urbano Culturbán, que este ano celebra a súa segunda edición en colaboración co Espacio Lupa Arte. O recoñecido muralista Miguel Peralta foi o encargado de realizar un novo mural no aparcadoiro municipal do Seminario, que se pode ver xa desde a avenida Anxo López Pérez.

"Seguimos a traballar en intervencións artísticas na rúa que convirtan a Lugo nun lugar vangardista, participativo e amable ", explicou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro.

O novo mural realizouse utilizando as cores da contorna, o que permitirá, segundo explicou a edil de Cultura, “unha mellor integración entre esta intervención artística e a contorna”. O mural plasma unha revisión do mito do Minotauro, mostrándonos a Ariadna cortando o fío co que axudaba a Teseo a escapar do labirinto.

Maite Ferreiro destacou “o éxito” que supuxeron as intervencións do primeiro culturbán, que leváronnos a apostar por unha segunda edición con ampliada en propostas para “continuar a traballar para mellorar con arte a imaxe das rúas de Lugo”. Durante o verán deuse comezo a esta segunda edición do Culturbán co Combate Mural celebrado en agosto e as exposicións de fotografía “Xanelas abertas” que luciron nas fiestras do Círculo das artes durante os meses estivais.

Lugo conta cun novo mural na medianeira do aparcadoiro municipal do Seminario